luns, 30 de setembro de 2019

"A historia en Feminino", a visibilización das mulleres ao longo da historia, en Cambados

En Cambados teñen unha nova cita coas mulleres extraordinarias de "A Historia en Feminino", unha actividade organizada pola Concellería de Muller e Igualdade en colaboración coa Concellería de Cultura. Ana Hermida achegará ao público as moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. 

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o xoves 3 de outubro ás 17:30 h., na Biblioteca Pública Municipal Luis Rei do Concello de Cambados.

venres, 27 de setembro de 2019

“A historia en Feminino" chega ao Concello de Cambados

Viaxaremos á Comarca do Salnés para contar "A Historia en Feminino" no Concello de Cambados, alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o martes 1 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de Castrelo, en Cambados.

venres, 6 de setembro de 2019

A Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acolle unha sesión de "Contos moi naturais"

Contaremos historias enfocadas a por en valor a natureza, a defensa do medio ambiente, contos que falan de contaminación, de incendios, do amor á natureza, aos animais… somos parte da natureza, somos naturais como as árbores, a auga, os paxaros… Xogando e contando defendemos o noso hábitat para así poder respectalo e coidalo debidamente.

Será o sábado 7 de setembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.