domingo, 20 de outubro de 2019

Celebramos o Día da Biblioteca no Concello de Antas de Ulla contando "A historia en Feminino"

Viaxaremos á Comarca da Ulloa para contar "A historia en Feminino" no Concello de Antas de Ulla, alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. 
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o venres 25 de outubro ás 19:00 h., na Biblioteca de Antas de Ulla, que organiza esta actividade.

sábado, 19 de outubro de 2019

Estivemos en Bergondo no cabodano de Rosalía de Castro con "Tecín soia a miña tea"

Para conmemorar o 134º cabodano de Rosalía de Castro levamos a Bergondo á nosa Rosalía feminista, divertida, comprometida... Era a primeira vez que representaba a Rosalía de Castro nunha igrexa e a experiencia foi moi satisfactoria, son da opinión de que a cultura hai que achegala ao público en todos os espazos posibles e na Igrexa de Babío todo foi máxico. A obra da padronesa soaba na voz de Ana Hermida sorprendendo ao auditorio, espertando risas, emoción e participación. O acto estivo organizado por Rubén Aramburu, activista cultural e crego de Bergondo.

venres, 18 de outubro de 2019

Celebramos o Día da Biblioteca no Concello de Cambados contando "A historia en Feminino"

Pechamos a campaña de igualdade no Concello de Cambados celebrando o Día da Biblioteca contando "A historia en Feminino", alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura. 

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o luns 21 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de Vilariño de Cambados, na Comarca do Salnés.

xoves, 17 de outubro de 2019

"A historia en Feminino" volve a Cambados para contar a vida e obra de mulleres extraordinarias

Volvemos á Comarca do Salnés para contar a "Historia en Feminino" no Concello de Cambados, alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o venres 18 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal Gumersindo Márquez Oubiña do Concello de Cambados.

domingo, 13 de outubro de 2019

“A historia en Feminino" arriba ao Concello de Baiona

Viaxaremos á Comarca de Vigo para contar a "Historia en Feminino" no Concello de Baiona, alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada polo Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona Sancti Spiritus, Concellería de Cultura de Baiona.

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o mércores 16 de outubro ás 18:00 h., na Biblioteca de Baiona.

domingo, 6 de outubro de 2019

Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela con "Palabra de Muller"

Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, con "Palabra de Muller", no que, baixo o tema: mulleres, amor e liberdade, farase un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas... ás que queremos honrar nun acto onde varias persoas representativas da cultura e sociedade galega prestan a súa voz ás escritoras homenaxeadas. A actividade está dirixida ao público adulto e coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata Asociación en colaboración coa Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

Este día é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).

Leremos textos de María Victoria Moreno, Sor Juana Inés de la Cruz, Ernestina de Champourcín, Maruxa Orxales, Dulce María Loynaz, Feliciana Enríquez de Guzmán, Pura Vázquez, Carmen Laforet, Montserrat Roig, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Isabel María Morón, Filomena Dato, Esther Tusquets, Luísa Villalta, Robustiana Mujika Egaña (Tene), Carmen de Burgos, María Mariño, Concepción Arenal, Anna Murrià, Xela Arias, Alfonsina Storni, Ana Carro de Mallén, María do Carme Kruckemberg, Alejandra Pizarnik, Dulce Chacón e Francisca Herrera Garrido.

Será o luns 14 de outubro ás 19:30 h no salón de actos da Biblioteca. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

mércores, 2 de outubro de 2019

Seguimos contando "A historia en Feminino" en Cambados

Será a nosa terceira visita, das cinco previstas neste mes, para contar "A Historia en Feminino" no Concello de Cambados. Alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o luns 7 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de Corvillón de Cambados.

martes, 1 de outubro de 2019

"Contando en feminino", contos de igualdade e violencia de xénero, no Concello de Arteixo

A Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo organiza esta actividade onde Ana Hermida contará historias ao público infantil desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso infantil e a violencia de xénero. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade. 

A cita coa igualdade será o mércores 9 de outubro ás 11:00 h. na Biblioteca de O Froxel “Francisco Vidal y está dirixida ao alumnado do Ceip de Galán, na parroquia de Oseiro do Concello de Arteixo.