luns, 12 de xullo de 2021

"A historia en Feminino" no Concello de Vilarmaior

Viaxamos ao Concello de Vilarmaior, na comarca de Betanzos, para contar "A historia en Feminino”, alí Ana Hermida fará un achegamento ás moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino que sorprenderá á infancia que está nos campamentos de verán do concello. 

Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia no auditorio municipal do concello, o xoves 15 de xullo ás 12:00 h.