luns, 18 de outubro de 2021

Celebramos o Samaín en Arteixo con “Non che teño medo”

O conflito entre o ben e o mal está sempre presente nos contos de terror infantís e axuda a expresar as súas emocións e vencer os seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida. Contaremos historias tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus soños.

Será o xoves 11 de novembro, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, ás 18:30 h.

venres, 1 de outubro de 2021

A invisibilización da muller tamén é violencia de xénero, por eso naceu hai anos "A historia en Feminino"

Hai moitos anos decidín que había que pasar á acción, naceron entón varios proxectos para concienciar no feminismo, loitar contra a violencia de xénero, o abuso infantil, visibilizar mulleres, etc. “A historia en Feminino” é un proxecto que leva moitos anos visitando concellos de toda Galicia, o público vai desde infantil, primaria, secundaria, bacharelato, público adulto... ata persoas con capacidades especiais. Todo esto nace do compromiso persoal e de crer firmemente no que fago. Cando vexo as reaccións do público penso... pagou a pena, esquezo daquela as horas roubadas ao sono, os moitos quilómetros percorridos, semento feminismo e vexo os resultados, é o mellor termómetro para comprobar que estes proxectos funcionan. Misión cumprida, grazas por tanto como recibo!