xoves, 16 de setembro de 2021

Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela con "Palabra de Muller"

Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, con "Palabra de Muller", recital onde persoas representativas da cultura e sociedade galega prestarán a súa voz á obra das escritoras homenaxeadas contribuíndo a visibilizar e difundir o seu legado cultural. Imos ler, de verdade, todas as idades de todas as vidas. E compartilo nunha festa lectora do tempo. A actividade está dirixida ao público adulto e coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata Asociación en colaboración coa Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.

Este día é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).

Leremos textos de Emilia Pardo Bazán, Iris Zabala, Miren Agur, Filomena Dato, Santa Teresa, Susanna Rafart, Begoña Caamaño, Rosa Montero, Carmen Conde, Luz Pozo, Josefina Aldecoa, Aida Cartagena, María Barbeito, Elena Poniatowska, Paca Aguirre, Xela Arias, Fanny Rubio, Gabriela Mistral, Inma Chacón, Rosalía de Castro, Lupe Grande, María Moliner, Carmen Laforet, Ida Vitale, Alfonsa de la Torre.

Será o luns 18 de outubro ás 19:30 h no salón de actos da Biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario