O Concello de Lobios inclúe "A historia en Feminino" dentro da súa programación polo 25N
O Concello de Lobios, pertencente á comarca da Baixa Limia, en Ourense, situado na Raia Seca, na fronteira
entre Galicia e Portugal recibirá a visita de Ana Hermida para contar a
"Historia en Feminino" e facer un achegamento ao público infantil e
adulto das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao
longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras,
deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en
feminino.
A cita coas mulleres borradas da historia, será o
mércores 27 de novembro ás 12:30 h., na Ceip do Xurés do Concello de Lobios, con entrada libre e gratuíta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario