O día 25 de novembro e con motivo do Día
Mundial da eliminación de violencia contra a muller, Ana Hermida estará coas
rapazas e rapaces do CPI de San Sadurniño, "Contando en feminino".
Contos contados dende a perspectiva de
xénero e igualdade. Contos e historias para ir concienciando aos máis novos,
onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario.
Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa
como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando,
apréndese a formar en igualdade
Ningún comentario:
Publicar un comentario