O 26 de novembro pola mañá cediño Ana Hermida tivo un encontro moi especial, un
público moi esixente e marabilloso. Foi na Escola de Educación Infantil de
Barrionovo de Pastoriza. Estiveron ben atentos ao Contando en Feminino, participaron, cantaron, reflexionaron...
Cheguei cediño e o primeiro que vin ao entrar foi o que vedes na foto,
estiveran moito tempo traballando nunha nasa para pescar activistas e loitar
contra a violencia de xénero. Xa me dixeron despois que teñen un compromiso con
ese lazo e co que significa. Moitos bicos me deron, eu encantada, tamén
repartir un feixiño deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario