A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria ofrece esta semana unha programación especial de actividades nas
bibliotecas nodais de Galicia para conmemorar o Día Internacional da Poesía,
que se celebra o vindeiro 21 de marzo.
Co obxectivo de animar a cidadanía a participar neste festexo
literario, as bibliotecas nodais de Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e
Santiago de Compostela organizan diversas actividades, entre as que se inclúen
lecturas poéticas, certames, obradoiros e mostras bibliográficas para todos os
públicos.
Na biblioteca pública Miguel González Garcés e para o público
máis esixente, Ana Hermida estará Rimando e Xogando, para fomentar o amor pola poesía e
achegar os poemas en todas as súas facetas ás nenas e nenos.
Para máis información deixamos este enlace CULTURA E EDUCACIÓN CONVIDA A CELEBRAR O DÍA DA POESÍA CUNHA PROGRAMACIÓN ESPECIAL NAS BIBLITOECAS NODAIS DE TODA GALICIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario