A
biblioteca municipal de Vilagarcía "Rosalía de Castro" celebra o Día
da Poesía cun recital sobre a poeta que lle dá nome á súa biblioteca.
Shakespeare describía a
poesía como esa música que todo home leva en si. A poesía é unha
expresión profunda do espírito humano, como arte universal, é unha
ferramenta de diálogo e achegamento. Ao dar acceso á expresión auténtica dunha
lingua, a difusión da poesía contribúe ao diálogo entre as culturas e ao
entendemento mutuo. Así o comprobamos no fervor co que os pobos celebran o
patrimonio cultural inmaterial, as linguas maternas e a diversidade cultural,
ámbitos nos que a poesía desempeña sempre un papel fundamental. (Irina Bokova).
A cita coa poesía será na Biblioteca de Vilagarcía, o venres
21 ás 11:00 h. Alí Ana Hermida ofrecerá unha visión divertida, reivindicativa,
defensora da muller...
Ningún comentario:
Publicar un comentario