Para conmemorar o Día da Muller, as bibliotecas de Oleiros organizaron un mes cheo de actos, entre os cales estaba a sesión de Contando en feminino, contos sobre a igualdade de xénero.
As nenas e nenos de Santa Cruz responderon debidamente ao que se lles propuxo. Amosaron moito interese, colaboraron, riron, e... por suposto concienciáronse, entre conto e conto, en temas de igualdade. Entenderon que hai cousas que non se deben facer nin consentir. Ao final obtiven o compromiso de todas e todos eles.
Xa vedes as idades dalgunha das persoas do público, aí estaba Ana Hermida atendendo e aclarando todas as súas dúbidas.
Xa vedes as idades dalgunha das persoas do público, aí estaba Ana Hermida atendendo e aclarando todas as súas dúbidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario