O vindeiro 4 de abril, Ana Hermida estará
Contando en feminino na provincia de Ourense, concretamente no concello de
Vilar de Barrio, pertencente á comarca da Limia.
Serán contos contados dende a perspectiva de
xénero e igualdade, para ir concienciando aos máis novos, onde o rol feminino
sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o
final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e
sempre coas mesmas identidades.
O público, sempre esixente, será o
alumnado do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio, alí os contos agardarán por
todas e todos ás 12:45 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario