A festa da poesía chegou a San Sadurniño para festexar o Día das Letras Galegas, alí rendimos unha homenaxe ao Xosé María Díaz Castro máis infantil.
Máis dun cento de nenas e nenos de entre tres e oito anos xogaron coas rimas, cantaron... e por suposto, leron moitos poemas, mesmo escenificaron algún que outro. Ao rematar recibiron un sentido aplauso dos seus compañeiros que abarrotaban a Casa da Cultura. É fermoso ver como a ese público tan noviño se lle enchen os ollos de alegría ao ler e disfrutar coa poesía.
Grazas a todas e todos eles, portáronse moi ben, estiveron moi atentos, participativos, contáronme cousas de Díaz Castro, tamén me contaron o moito que lles gustaba ler... foi un día moi emotivo.
Por suposto ese público marabilloso foi o protagonista dese día, subían ao escenario, dicían o seu nome, o título do poema e recitaban ante o auditorio, que máis se pode pedir? as caras e olliños de felicidade dicíano todo. Rematamos bailando con Díaz Castro e a música de A Quenlla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario