O día 5 de xuño, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, reunirase a todos os participantes do programa Escolas en Acción no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela) para celebrar o I congreso escolar “Rede Natura 2000. Escolas en Acción”. Durante esta xornada presentaranse os 10 proxectos de investigación realizados durante o curso 2014/2015.
A celebración deste Congreso dará a oportunidade de visibilizar os proxectos desenvoltos da man dos seus principais actores, os rapaces e rapazas dos centros escollidos, de crear sinerxías de colaboración entre os centros, e entre os centros e as entidades promotoras, así como de fomentar na sociedade o coñecemento da Rede Natura 2000 e a necesidade tanto individual como colectiva da súa axeitada xestión.
É unha actividade organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, co apoio do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Estaremos compartindo coas nenas e nenos os nosos Contos moi naturais, o venres 5 de xuño no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela ás 13:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario