Inventaremos personaxes que habiten mundos imaxinarios e ambientaremos
historias que contaremos en público, como no teatro, aprendendo o valor de
escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras de
ficción, poemas… e que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos:
expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as
nosas audiohistorias.
Está dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e terá lugar na Biblioteca
de Pastoriza “Miquel Sande” do Concello de Arteixo, o xoves 24 de novembro ás 18:50
h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario