Viaxaremos á Comarca do Barbanza para contar a "Historia en Feminino" no Concello de Ribeira, Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil e adulto das moitas e
sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia.
Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. Está promovida esta actividade pola Asociación Veciñal de Carreira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario