Ana Hermida fará unha homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización
dos seus poemas nun espectáculo que pretende amosar unha Rosalía actual, como os
temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa
da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería
ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras
reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro,
e algunha canción para honrar a nai da nosa terra no seu 134 cabodano. Actividade
organizada polo activista cultural e párroco de Bergondo, Rubén Aramburu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario