Ana
Hermida viaxará ao Concello do Carballiño para contar historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o
tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a
protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso infantil e a violencia de
xénero. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa igualdade será o mércores 21 de
agosto ás 12:00 h. na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño, que
organiza esta actividade para concienciar na igualdade e violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario