Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Muller, as Bibliotecas de Oleiros desenvolverán un amplo programa de actividades. Dentro desas actividades está Contando en feminino, que chegará á Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz o día 19 ás 18:30 h. Aí estará Ana Hermida contando contos dende a perspectiva de xénero e igualdade.
Para máis información desta actividade e de todo o programa, premede no enlace DÍA DA MULLER NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE OLEIROS
Ningún comentario:
Publicar un comentario