Formación

OBRADOIRO DE TEATRO

Orientado a nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria, para que mediante xogos, aprendan a técnica da voz e do corpo. O teatro é moi válido para a socialización e colaboración en grupo, así como para unha correcta lectura, comprensión de textos e poñer en valor as súas cualidades e aptitudes.



FORMACIÓN BÁSICA PARA TEATRO

Clases de teatro para persoas adultas, adolescentes, intantil... Un achegamento á arte dramática, ofrecendo pautas e coñecementos básicos para desenvolverse no eido teatral e desfrutar dos coñecementos adquiridos.


TEATRO RADIOFÓNICO

Como se fai, cales son as técnicas especializadas neste tipo de teatro, recursos externos, manexo dos recursos persoais... todo canto se precise para facer teatro na radio.

INTEGRACIÓN A TRAVÉS DO TEATRO

Mediante este curso ofrécese unha integración/inclusión de colectivos diversos que pola razón que sexa non estean totalmente integrados na sociedade.




FALAR EN PÚBLICO

Técnicas e coidados para enfrontarse coa situación de ter que expoñer ou falar diante doutras persoas. Tamén se tratará como debe afrontar unha persoa a situación dunha entrevista de traballo ou calquera outro tipo de exposición ao que non estamos afeitas.



COIDADO E HIXIENE DA VOZ

Para todas aquelas persoas que usan a súa voz como ferramenta de traballo, como as do mundo da docencia, actoral, locución, xornalismo, cantantes, mundo da empresa, da canción, conferenciantes...




OBRADOIRO DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Vai dirixido a varios colectivos: preescolar, infancia, mocidade, persoas adultas... que disporán de materiais para traballar o tema feminista (igualdade, violencia de xénero...), con soporte audiovisual e participación activa. Para construir unha sociedade baseada na equidade e no respecto.

LECTURA EXPRESIVA PARA PROFESIONAIS

Orientado a profesionais do ensino, monitorado... Poremos a disposición das persoas docentes unha serie de recursos e técnicas que sirvan de apoio ao seu traballo co alumnado, optimizando as súas clases e mellorando a relación nas aulas.



DRAMATIZACIÓNS NA AULA

Orientado a profesionais do ensino, monitorado... onde poremos ao seu dispor unha serie de recursos e técnicas que sirvan de apoio ao seu traballo co alumnado, optimizando as súas clases e mellorando a relación nas aulas.



DOBRAXE
Cursos dirixidos a persoas que queiran adentrarse no mundo da dobraxe e que contando cunhas cualidades, queiran mellorar e coñecer a técnica do mundo da dobraxe en todos os seus ámbitos. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario