Homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende
amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en
día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e
ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron".
Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller
interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar a
nai da nosa terra.
NINGÚN LAZO A SUXEITA
Homenaxe a Filomena Dato, a poeta das Mariñas,
para sacar do inxusto esquecemento a unha das voces máis sobranceiras do
feminismo e segunda escritora, logo de Rosalía, que publicaría un libro en
galego no século XIX. Descubriremos á Filomena loitadora polos dereitos da
muller, a valedora de Galicia, a súa ollada sobre as persoas máis
desfavorecidas e das súas amizades… Poesía e cancións para honrar á escritora
máis premiada da época.
A VOCIFERANTE DA BAIUCA
Homenaxe ao noso Patrimonio Inmaterial, e ás mulleres transmisoras do mesmo, proclamando o dereito á dignidade do idioma, literatura oral e música popular de Galicia. A Vociferante da Baiuca
abre os ollos á realidade e divulga no vento, declamados en chamada, aviso e advertencia, os seus pensares e mensaxes que
outras calan. Alza o ton para seren oídas as narracións poéticas, poemas mal
mirados e aquelas cuestións de contraste, agardando o aplauso da concurrencia e
unha dádiva e conivencia.
Un percorrido pola obra de mulleres pioneiras,
rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente
esquecidas…Autoras representativas da realidade do seu tempo ás que tratamos de
honrar con Palabra de muller, un recital onde unha muller presta a súa voz ás
homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou.
A MEMORIA É UNHA DAMA
Espectáculo para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Unha soa actriz dará voz a todas elas, ás heroínas, esquecidas inxustamente, que lembraremos coa forza da palabra enriba
do escenario. Teatro, poemas, cancións… varias disciplinas servirán para darlle
voz ás que lles roubaron as palabras, lembrar episodios e
reflexionar para que non se volvan repetir.
Lembramos a Eduardo Pondal
cun recital poético-musical sobre a figura do bardo autor do himno galego e
poeta do Rexurdimento galego, imprescindible no mundo da poesía galega. Un
actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para recitar e cantar os
seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.
Antoloxía da lírica galega
do século XX. Poetas da nosa terra do século pasado teñen cabida neste recital
poético que xunta ao máis representativo da fermosa poesía galega. Homenaxe ás mulleres e homes petas e aos seus poemas no seu día, o día da
Poesía.
POESÍA É NOME DE MULLER
Recital homenaxe ás mulleres
poetas para poñer en valor a figura femenina no mundo da poesía. Unha escolma de textos das mellores autoras para achegar a súa visión da vida,
do mundo, do pensar, do sentir… Poesía feita por mulleres, porque poesía é nome
de muller.
MONTES IRTOS, VERDES CAMPOS
Recital poético-musical sobre a figura de Curros Enríquez, poeta
do Rexurdimento galego de marcado carácter cívico e obra comprometida. Un
actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para recitar e cantar os
seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de público.
ANDAR PRIMEIRO DE RÍO
Recital poético-musical
sobre a figura de Álvaro Cunqueiro, trobador e xograr da nova poesía galega e
considerado como un clásico universal. Un actor, unha actriz e un músico enriba
do escenario para recitar e cantar os seus poemas, neste espectáculo dirixido a
todo tipo de público.
REXURDIMENTO
Homenaxeamos ás figuras máis representativas deste movemento
cultural, político e literario da segunda metade do século XIX: Rosalía de
Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Un recital poético-musical no que un
actor, unha actriz e un músico recitarán e cantarán os seus poemas, neste
espectáculo dirixido a todo tipo de público.
Concerto-recital en homenaxe
ás Irmandades da Fala. Serán textos das persoas máis salientables e representativas dun tempo que marcaría un fito histórico para a
historia galega. Un actor, unha actriz e un músico enriba do escenario para
recitar e cantar os seus poemas, neste espectáculo dirixido a todo tipo de
público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario