Teatro


O VOITRE E A POMBA
Espectáculo que pretende remover o máis íntimo as conciencias amosando a crúa realidade da violencia exercida cara a figura feminina en diversos ámbitos. Poesía, teatro e prosa danse cita para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta lacra social.
MULLERES NO ESPELLO
Unha ollada a través da escrita de varios autores sobre a personalidade da muller: o amor, a vinganza, o erotismo, a paixón… Unha exploración sobre a condición feminina e a súa loita continua por existir dunha maneira digna e independente.
MIÑA CASIÑA, MEU LAR
Diferentes mulleres, diferentes situacións e unha soa actriz que, desde o humor, dá vida a todas elas para amosar a crúa realidade das mulleres maltratadas, tanto no físico, coma no verbal, sexual, laboral, psíquico… Todo esto posto enriba dun escenario para tentar concienciar ao público e promover o debate sobre o tema.
ANDANDO HISTORIAS
Porque os contos tamén son para persoas adultas, porque o poder das palabras exerce unha máxica resposta nas persoas que as reciben, porque hai autoras que debemos coñecer, porque hai relatos que debemos lembrar… Porque non se precisa ningún porqué para estar nunha atmosfera chea de verbas dirixidas ao corazón, iremos andando historias para contarllas a quen queira escoitalas.
TEXTOS PARA A PAZ
Espectáculo en forma de recital e audiovisual, compendio de varios textos que tocan o mundo da guerra, para reflexionar, para concienciar, para que coa palabra e a voz, coa alma e sentimento de autoras e actriz, o único que se dispare sexan verbas directamente ao corazón. Espectáculo para nenas e maiores, para pequenos e grandes espazos, para celebrar o Día da Paz e non violencia.




UN PASEO POLO TEATRO
Rendemos homenaxe ao mundo do teatro a través das escenas máis representativas desta arte. Un achegamento ao teatro facéndoo áxil e ameno en todos os eidos, nas escolas, bibliotecas, auditorios… tamén festexamos o Día Mundial do Teatro.








Ningún comentario:

Publicar un comentario