venres, 10 de marzo de 2023
"Feministorias" unha cita para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller" en Arteixo
venres, 3 de marzo de 2023
“A historia en Feminino”, a visibilización das mulleres ao longo da historia, chega a Fisterra para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller"
Viaxamos ata o fin da terra, ao Concello de Fisterra, que dá nome á comarca,
para contar "A historia en Feminino”, alí Ana Hermida fará un achegamento
ao alumnado do Ceip Mar de Fóra das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que
houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras,
deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en
feminino. Actividade organizada
pola Anpa Atalaia para que o alumnado celebre o fin de curso en igualdade.
Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia no colexio fisterrán, para os grupos de infantil e primaria, o mércores 08 de marzo ás 11:30 h.
xoves, 2 de marzo de 2023
"Contando en feminino" en Santa Comba no 8M "Día Internacional da Muller"
O Concello de Santa Comba, na comarca do Xallas
conmemora o 8M "Día Internacional da Muller”, con varias actividades,
entre elas “Contando en Feminino” onde Ana Hermida contará historias desde
a perspectiva de xénero e igualdade, para concienciar contra a violencia de
xénero e o abuso infantil.
Será o mércores 08 de marzo ás 18:00 h. na Biblioteca Pública Municipal, situada na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba.
sábado, 25 de febreiro de 2023
Acto Central do "Día de Rosalía" no Concello de Arteixo
Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a
Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de
Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12
anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres
categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará
lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e tamén fará unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán
Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.
Mentres delibera o xurado composto polo Clube de
Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha
escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller
presta a súa voz ás escritoras homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou, e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para
render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos
dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida
Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento. Convidamos a toda a cidadanía arteixá a participar da Festa Rosaliana.
martes, 21 de febreiro de 2023
"Palabra de Muller", homenaxe ás escritoras, en Arteixo
Faremos un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas… Autoras representativas da realidade do seu tempo ás que tratamos de honrar con "Palabra de muller", un recital onde unha muller presta a súa voz ás homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou. Por suposto, Rosalía de Castro, terá o seu protagonismo neste espectáculo, para homenaxeala con moito sentimento.
venres, 17 de febreiro de 2023
VIII Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo
Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a
Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de
Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12
anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres
categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará
lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán
Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.
Mentres delibera o xurado composto polo Clube de
Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha
escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller
presta a súa voz ás homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou
e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para
render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos
dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida
Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
mércores, 8 de febreiro de 2023
"A Memoria é unha dama" no Concello e Arteixo
luns, 16 de xaneiro de 2023
“Contadas na súa voz” homenaxe a Rosalía de Castro na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Celebramos o Día de Rosalía cunha sentida
homenaxe á escritora compostelá, símbolo do pobo galego. Repasaremos a súa obra e biografía, tamén haberá poesías, cancións e historias marabillosas.
Xunto coa homenaxe a Rosalía de Castro, celebraremos tamén o Día da lingua materna e Cen anos sen Murguía. Será o sábado 25 de febreiro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.
domingo, 8 de xaneiro de 2023
Nace o I Premio Cronista "Vasco da Ponte"
luns, 19 de decembro de 2022
Contaremos historias do "Nadal no mundo" en Pastoriza
Viaxaremos ao redor do mundo para contar historias de diferentes países e culturas e así coñecer os seus costumes, cancións, etc. Haberá contos divertidos, emotivos; coñeceremos curiosidades, as orixes de moitas tradicións e das personaxes propias desta época máxica. É tempo de ilusión, de compartir, de contos e de máscara.
Os contos e a maxia do Nadal agardan por ti o mércores 21 de decembro, na Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, ás 18:30 h.
venres, 16 de decembro de 2022
Ana Hermida levará a súa terra arteixá “Un Nadal cheo de contos”
Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
A cita cos contos e coa maxia do Nadal será o xoves 15 de decembro, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, ás 18:30 h.
martes, 22 de novembro de 2022
"Contando en feminino" en Compostela, dentro da campaña do 25N: En negro contra as violencias
O Concello de
Santiago de Compostela para conmemorar o 25N dentro da campaña: En negro contra
as violencias, organizou unha ampla programación que inclúe “Contando en
feminino” onde Ana Hermida contará historias para concienciar na violencia de
xénero.
A cita será o sábado 26 de novembro ás 19:00 h. no CSC do Castiñeiriño “Agustín Bueno”.
domingo, 20 de novembro de 2022
Vilarmaior conmemora o 25N "Contando en feminino"
O Concello de Vilarmaior, na comarca de Betanzos,
conmemora o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a
Muller, coa actividade “Contando en Feminino” onde Ana Hermida contará
historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, para concienciar contra
a violencia de xénero e o abuso infantil.
Será o venres 25 de novembro ás 17:00 h. na Casa da Cultura do Concello de Vilarmaior.
xoves, 17 de novembro de 2022
"A historia en Feminino" chega a Pastoriza cun monográfico sobre as mulleres na ciencia
Conmemoramos o 25N, o Día da Eliminación da
Violencia contra a Muller con “A historia en Feminino” onde Ana Hermida visibilizará a
mulleres no mundo da ciencia. Ao longo da historia as mulleres romperon
barreiras e destacaron nun mundo de homes, foron moitos os seus logros na
ciencia, tecnoloxía, informática, matemáticas, física, inventos... pero foron
inxustamente invisibilizadas. Xa é hora de que se coñezan as súas vidas, os
seus logros e crear referentes nas nenas para que se acheguen ao mundo da
ciencia. Farémolo mediante historias, actividades e xogos... e algunha sorpresa.
Será na Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande” do Concello de Arteixo, o xoves 24 de novembro ás 18:50 h.
martes, 15 de novembro de 2022
"Contando en feminino" en Caión para o público máis miúdo no 25N
Ana Hermida viaxará á Costa da Morte para concienciar
ao alumnado de Educación Infantil do Ceip de Caión contra a violencia de xénero
e o abuso infantil. Actividade organizada pola Anpa Balea para que o alumnado
conmemore o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra
a Muller".
Será o mércores 23 de novembro ás 10:00 h. na Biblioteca do centro escolar.
mércores, 9 de novembro de 2022
Caión conmemora o 25N con "A historia en Feminino", a visibilización das mulleres ao longo da historia
Viaxamos á antiga vila baleeira de Caión,
pertencente ao Concello da Laracha, na comarca de Bergantiños, para contar
"A historia en Feminino”, alí Ana Hermida fará un achegamento ao alumnado
das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo
da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas,
escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en
feminino. Actividade organizada pola Anpa Balea para que o alumnado
conmemore o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a
muller".
Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia, na biblioteca do colexio, o mércores 23 de novembro ás 12:30 h.
mércores, 2 de novembro de 2022
"Contando en feminino", contos para concienciar na violencia de xénero no 25N, en Caión
Ana Hermida
viaxará á Caión, vila da Costa da Morte pertencente ao Concello da Laracha,
para contar historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o
rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o
final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre
coas mesmas identidades. Actividade organizada pola Anpa Balea para que o
alumnado conmemore o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia
contra a Muller".
A cita coa igualdade será o mércores 23 de novembro ás 11:00 h. na Biblioteca do Ceip de Caión.
martes, 26 de xullo de 2022
"Contando en feminino", contos de igualdade na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
En setembro volvemos con novos contos, novas personaxes... para concienciar na violencia de xénero, no feminismo e no abuso infantil. Serán historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
A cita será o sábado 3 de setembro ás 12:00 h. no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela.
sábado, 16 de xullo de 2022
"Contando en feminino", contos de igualdade no Concello de Miño
Ana
Hermida contará historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde
o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde
o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre
coas mesmas identidades. Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso
infantil e a violencia de xénero.
Será o sábado 13 de agosto ás 12:30 h. no Parque da Rúa do Concello de Miño, dentro das actividades do Festival FríoNoRostro, que organiza a Asociación Cultural O Submarino.
martes, 31 de maio de 2022
"Facemos as paces?" contos na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas
Contos para que a
infancia medre na paz e non violencia, nos que está presente a
resolución de conflitos e o respecto entre as xentes e os pobos do mundo. A
través das diferentes historias a infancia coñecerá valores tan importantes
como a paz, a solidariedade, a amizade…
Será o sábado 11 de xuño, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
martes, 19 de abril de 2022
"Contos moi naturais" en Pastoriza para conmemorar o Día da Terra
Conmemoramos o Día Internacional da Nai Terra contando historias para defender o medio ambiente e loitar contra o cambio
climático. Debemos facer as paces coa Natureza, a Terra estanos a pedir que
actuemos, polo que Ana Hermida estará contando para o público infantil e concienciando na importancia
de coidar e respectar o noso hábitat.
A cita cos contos e o Medio Ambiente será o mércores 27 de abril ás 18:30 h., na Biblioteca de Pastoriza "Miguel Sande".
martes, 12 de abril de 2022
Celebramos o Día do Libro “Tecendo soños” na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Celebramos o Día do
Libro tecendo soños, levando ilusión ao público infantil coas máxicas historias
que se agochan nos libros que espertan a imaxinación e fan que nos sintamos
protagonistas das historias. Convídote a soñalas.
Será o 16 de abril, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h. Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
martes, 5 de abril de 2022
Celebramos o Día do Libro “Tecendo soños” en Meicende
Hai libros
grandes, pequenos, libros de aventuras, de viaxes, de animais… libros que nos
fan vivir situacións e momentos irrepetibles. Os libros espertan a nosa
imaxinación e fan que nos sintamos protagonistas da historia. Celebramos o Día
do Libro tecendo soños, levando ilusión ao público infantil coas máxicas
historias que se agochan nos libros. Convídote a soñalas.
A festa do libro terá lugar nun encontro feliz coa infancia o mércores 06 de abril, na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, ás 18:30 h.
domingo, 20 de marzo de 2022
Conmemoramos o 8M Día Internacional da Muller no Concello de Arteixo contando “A historia en Feminino”
Contaremos "A historia en
Feminino" para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller" en
Arteixo, alí, na súa terra, Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil
das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo
da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas,
escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia e achegando referentes ao público infantil, o xoves 24 de marzo ás 18:30 h., na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” incluída na Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo.
xoves, 17 de marzo de 2022
“Contadas na súa voz” en Feminino, homenaxe ás escritoras galegas en Oseiro para celebrar o 8M Día Internacional da Muller
Celebramos
o 8M Día Internacional da Muller, cunha sentida homenaxe ás escritoras galegas que crearon as
máis fermosas historias infantís de todos os tempos. Repasaremos a biografía de
Dora Vázquez, Helena Villar Janeiro e María Victoria Moreno e gozaremos dos seus poemas e contos marabillosos. Serán historias contadas na súa voz e
coa palabra de Ana Hermida.
Coas nosas escritoras galegas celebramos tamén o Día da Narración Oral, o Día da Poesía e o Día do Teatro. Achégate a Oseiro, escoita as historias, poemas, cancións, teatro... e coñece máis polo miúdo á escritora “Dora Vázquez” que lle dá nome á Biblioteca desta parroquia. Será o luns 21 de marzo ás 18:30 h.
venres, 25 de febreiro de 2022
"Ningún lazo a suxeita" homenaxe a Filomena Dato en Arteixo, no seu cabodano
Rendemos homenaxe no Concello de Arteixo a Filomena
Dato no seu 96 cabodano con “Ningún lazo a suxeita”, unha dramatización da obra da
autora máis premiada do século XIX, que fará a actriz arteixá Ana Hermida. Seguimos así coa teima que temos desde hai moitos anos de visibilizar
mulleres, honrando debidamente ás que a historia non lles fixo xustiza.
Será o sábado 26 no Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 12:00 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
xoves, 24 de febreiro de 2022
O Concello de Cerceda conmemora o Día de Rosalía con "Tecín soia a miña tea"
Ana Hermida viaxará á Comarca de Ordes, onde fará unha dramatización da obra da Nai das nosas letras con “Tecín soia a miña tea”, poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra no seu aniversario, unha muller interpretando a outra muller, a Rosalía feminista, divertida, defensora da súa terra.
A cita Rosaliana será o sábado 26 de febreiro ás 18:00 h. no Auditorio do Concello de Cerceda.
mércores, 23 de febreiro de 2022
VIII Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo
Este ano celébrase a oitava edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Será o broche de ouro a unha serie de actividades coas que conmemoran o nacemento da escritora padronesa. Haberá 12 nenas e nenos que recitarán a súa propia obra, de entre 8 e 12 anos, que levarán un agasallo pola súa partipación, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Beatriz Maceda Abeleira e mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”. Haberá homenaxe a Filomena Dato no seu 96 cabodano con “Ningún lazo a suxeita, unha dramatización da actriz Ana Hermida dos textos da autora máis premiada do século XIX.
Será o sábado 26, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
martes, 22 de febreiro de 2022
Acto central do Día de Rosalía no Concello de Arteixo
Despois dunha semana de actividades dirixidas ao público escolar, o Concello de Arteixo celebra o Día de Rosalía cun acto central aberto á cidadanía, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da AELG, que este ano foi redactado por Beatriz Maceda Abeleira. A continuación terá lugar o concurso de poesía homenaxe a Rosalía de Castro, onde participa o alumnado dos centros de primaria do concello arteixán, unha vez recitados os seus poemas e mentres delibera o xurado, Ana Hermida fará unha homenaxe a Filomena Dato con “Ningún lazo a suxeita, unha dramatización dos textos da autora ourensá, no seu 96 cabodano.
Convidamos á toda a cidadanía de Arteixo a que participe desta gran festa Rosaliana, será o sábado 26, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
venres, 18 de febreiro de 2022
O alumnado do Ies Manuel Murguía de Arteixo, achégase á figura de Rosalía con "Tecín soia a miña tea
Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estará co
alumnado do Ies Manuel Murguía para facer un repaso pola súa biografía e pola
súa obra, haberá representación teatral, dramatización da obra Rosaliana e
participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional,
tamén daremos
lectura ao Manifesto da Aelg redactado este ano por Beatriz Maceda Abeleira. A actividade está organizada
pola Concellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas do Concello de
Arteixo.
Serán dous días de encontro, 24 e 25 de febreiro, cunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida e dona dunha obra de inmensa valía. A cita terá lugar na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” ás 11:30 h.
luns, 14 de febreiro de 2022
“Contos e lendas populares” na Biblioteca do Froxel para celebrar o Día da Lingua Materna
Celebramos o Día da lingua materna con historias tradicionais e populares que fagan coñecer e entender moitas cousas á infancia. Os porqués, os encantos, historias de trasnos, de feitizos, de temas históricos e de cabaleiros, lendas tradicionais e cancións populares para a infancia.
Será o martes 22 na Biblioteca do Froxel "Francisco A. Vidal", ás 18:30 h.
martes, 21 de decembro de 2021
"A historia en Feminino" no Concello de Bóveda
Viaxamos ao Concello de Bóveda,
na Comarca da Terra de Lemos, ao sur da provincia de Lugo, que organiza o campamento Nadal en Igualdade, onde Ana Hermida fará un achegamento ás moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas
mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras,
aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta “Historia
en Feminino”.
Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia no Centro Sociocultural do Concello, o mércores 29 de decembro ás 11:00 h.
domingo, 21 de novembro de 2021
Historias “Sen etiquetas” no Ceip de Caión para conmemorar o 25N
Viaxaremos ao Concello da Laracha, pertencente á Comarca de Bergantiños, concretamente
á vila costeira de Caión, para contar ao alumnado historias para aprender a
aceptar, respectar e comprender a identidade de cada persoa e amosar todos os
afectos posibles entre os seres humanos, así como poñer ao seu alcance a diversidade de
familias, todas elas válidas. A través dos contos tentamos visibilizar unha
realidade e sensibilizar á infancia para que medre na tolerancia e respecto.
Será o xoves 25 de novembro, na biblioteca do Ceip de Caión, ás 09:45 h.
venres, 12 de novembro de 2021
O alumnado do Ceip de Caión ten unha cita con “Feministorias” o 25N
A cita co feminismo será o xoves 25 de novembro, na biblioteca do Ceip de Caión, ás 11:15 h.
luns, 8 de novembro de 2021
Obradoiro de Teatro no Concello da Laracha
Hoxe comezamos as clases, presentacións, algún exercicio… coma sempre é unha experiencia marabillosa, hai moita ilusión nos seus ollos e sempre conseguen facer grandes cousas, eu apoio un pouco, o mérito é destas persoíñas que queren xogar ao teatro. Que grande é o teatro! axuda a socializar, perder vergoñas inútiles, gañar vocabulario, mellorar expresividade e memoria, ser solidaria e compañeira, axudar ao amigo, coñecer a nosa cultura… a tantas cousas! Gústame o que fago e gústame como o fan, con inocencia e con gañas, tamén me gusta moito ver ás familias como apoian ás nenas e menos. Sei que sairá algo fermoso neste curso, sempre o conseguen e eu síntome feliz co resultado. Pois a cita semanal na Laracha co teatro e a infancia xa está en marcha, viva o teatro!
luns, 1 de novembro de 2021
Conmemoramos o 25N "Contando en feminino" en Oseiro
luns, 18 de outubro de 2021
Celebramos o Samaín en Arteixo con “Non che teño medo”
O conflito entre o ben e o mal está sempre presente
nos contos de terror infantís e axuda a expresar as súas emocións e vencer os
seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida. Contaremos historias
tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o
entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus
soños.
Será o xoves 11 de
novembro, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, ás
18:30 h.
venres, 1 de outubro de 2021
A invisibilización da muller tamén é violencia de xénero, por eso naceu hai anos "A historia en Feminino"
xoves, 16 de setembro de 2021
Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela con "Palabra de Muller"
Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Pública de
Santiago Ánxel Casal, con "Palabra de Muller", recital onde persoas
representativas da cultura e sociedade galega prestarán a súa voz á obra das
escritoras homenaxeadas contribuíndo a visibilizar e difundir o seu legado
cultural. Imos ler, de verdade, todas as idades de todas as vidas. E compartilo
nunha festa lectora do tempo. A actividade está dirixida ao público adulto e
coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata Asociación en colaboración coa
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
Este día é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de
España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas,
Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).
Leremos textos de Emilia Pardo Bazán, Iris Zabala, Miren
Agur, Filomena Dato, Santa Teresa, Susanna Rafart, Begoña Caamaño, Rosa
Montero, Carmen Conde, Luz Pozo, Josefina Aldecoa, Aida Cartagena, María
Barbeito, Elena Poniatowska, Paca Aguirre, Xela Arias, Fanny Rubio, Gabriela
Mistral, Inma Chacón, Rosalía de Castro, Lupe Grande, María Moliner, Carmen
Laforet, Ida Vitale, Alfonsa de la Torre.
mércores, 8 de setembro de 2021
Segunda edición de "ReviveBaiuca", inscribe a túa proposta
Lisístrata Asociación convídate a
participar na segunda edición de ReviveBaiuca, un proxecto colaborativo orientado á cidadanía
do Lugar da Baiuca preferentemente, no que se poden presentar ideas para darlle
pulo a este lugar e reforzar o tecido veciñal.
Calquera persoa pode
participar manifestando as súas inquedanzas e aportando ideas sobre como
desexaría que fose a Baiuca, non hai límite de idade nin se precisa ter ningún
coñecemento, só precisamos a túa colaboración. Non é preciso vivir en Arteixo,
pero o proxecto debe desenvolverse na Baiuca, antiga capital do Concello de
Arteixo
Algúns exemplos podrían ser: mellora do noso entorno, crear lugares/actividades culturais,
recuperar os entornos naturais e urbanos...O feminismo, diversidade, ecoloxía e cultura formarán
parte tranversal deste laboratorio.
Esta iniciativa conta co apoio de Medialab-Prado e o Ministerio de Cultura e Deporte, no contexto da
acción de “laboratorios distribuidos”, e coincidirá no seu tempo de realización
cun gran número laboratorios cidadáns en organizacións e institucións de España
e Latinoamérica.
Inscribe aquí o teu proxecto do 01 de setembro ao 05 de outubro
Axenda e fases da Convocatoria:
luns, 12 de xullo de 2021
"A historia en Feminino" no Concello de Vilarmaior
Viaxamos ao Concello de
Vilarmaior, na comarca de Betanzos, para contar "A historia en Feminino”,
alí Ana Hermida fará un achegamento ás moitas e sobresaíntes, así como
descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras,
inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida
nesta historia en feminino que sorprenderá á infancia que está nos campamentos
de verán do concello.
Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia no auditorio municipal do concello, o xoves 15 de xullo ás 12:00 h.
sábado, 10 de abril de 2021
Mantense aberto o II Premio de Oratoria "Filomena Dato"
En agosto do 2020 convocamos o II PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO”, o primeiro que leva o nome da poeta, para alumnado dos diferentes ciclos do Ensino e para centros públicos ou privados (Primaria, Secundaria, Fp e Bacharelato) de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano será: "Mansplaining". No verán de 2020 convidamos á Real Academia Galega a que inclúa este termo no seu diccionario.
Para máis información: premios, categorías, inscrición... consulta as Bases.
O prazo máximo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día: 01/07/2021 e o acto de entrega farase coincidir co domingo máis próximo ao 26 de xullo, aniversario do nacemento de Filomena (no 2021 será o 25 de xullo).
Na foto, xunto á ilustración de Filomena, obra do artista Iván del Río, Ana Hermida no dia presentación do "II Premio de Oratoria Filomena Dato".
luns, 5 de abril de 2021
Celebramos o Día do Libro “Tecendo soños” no Concello de Arteixo
Hai libros grandes, pequenos, libros de
aventuras, de viaxes, de animais… libros que nos fan vivir situacións e
momentos irrepetibles. Os libros espertan a nosa imaxinación e fan que nos
sintamos protagonistas da historia. Celebramos o Día do Libro tecendo soños,
levando ilusión ao público infantil coas máxicas historias que se agochan nos
libros. Convídote a soñalas.
A festa do libro terá lugar nun encontro feliz coa infancia do Concello de Arteixo o xoves 08 de abril, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, ás 18:30 h.