A
infancia coñecerá, dun xeito divertido e ameno, a historia que non está nos
libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron
para cambiar o mundo. Nenas e nenos tenden a sentirse protagonistas das
historias, polo que lles achegaremos referentes moi coidados e mediante contos,
curiosidades e xogos repasaremos os logros e a evolución do feminismo ata os
nosos días. Porque o feminismo tamén pode ser divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario