Iremos ao
Concello de Curtis, na comarca de Betanzos, para contar "A historia en Feminino" e así
conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller", alí Ana Hermida fará
un achegamento ao alumnado do Ceip de Teixeiro, das moitas e sobresaíntes, así
como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas,
guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino.
A cita co feminismo comezará ás 11:00 h. co grupo de infantil, ao que seguirá o de primaria, cunha actividade que terá lugar nas instalacións do colexio e que está organizada pola Anpa A Froula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario