A cita
entrañable deste mes de "Contando en feminino", será o martes 26 moi
cediño, as persoas asistentes non pasarán dos tres aniños, un público moi
esixente e marabilloso. Ana Hermida achegará a ese público tan especial un
mundo de contos cheos de mensaxe e diversión.
Contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade.
Contos e historias para ir concienciando aos máis novos, onde o rol feminino
sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o
final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e
sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en
igualdade.
A cita, sempre baixo a atenta ollada de María, a súa directora, e as demáis
docentes (que tamén participarán nos contos), será na Escola de Educación
Infantil de Barrionovo (Pastoriza), no Concello de Arteixo, ás 09:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario