O
vindeiro martes 26 "Contando en feminino” achegarase a Santiago de
Compostela, a esa cita están convidados todos os públicos, preferentemente
adultos, pero ao que tamén se poderán achegar as nenas e nenos que queiran
pasar unha hora chea de contos.
Contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade.
Contos e historias para ir concienciando aos máis novos, onde o rol feminino
sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o
final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e
sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en
igualdade.
Será na Centro Sociocultural e xuvenil municipal O Ensanche do Concello de Santiago de Compostela, ás 19:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario