Os contos da igualdade chegan a Arteixo. Despois de anos de vida de "Contando en Feminino", fainos especial ilusión contar estes contos no lugar onde naceron, na miña terra, onde nacín.
Serán contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade para ir concienciando á infancia, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coas historias
e coas nenas e nenos será o xoves na Biblioteca Central de Arteixo, ás 18:50 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario