Esta
semana en Compostela haberá unha Choiva de contos, actividade de dinamización
lectora para o público infantil que organiza a Biblioteca Pública de Santiago
Ánxel Casal.
Ana
Hermida estará "Contando en feminino" para todas as nenas e nenos
maiores de tres anos que por alí se acheguen.
Serán
contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Contos e historias
para ir concienciando aos máis novos, onde o rol feminino sexa, non o
tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode
cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre
coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Será o sábado 27 no Salón de Actos da Biblioteca, ás 12:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario