O Concello de
Neda, dentro da súa programación especial para conmemorar o 25N “Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, ten incluída “A
historia en Feminino”, onde Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil
das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo
da historia e que foron borradas da mesma. Científicas, guerreiras, inventoras,
aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta
historia en feminino.
Porque a invisibilización é tamén violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres no salón de actos da Biblioteca Pública do Concello de Neda, o martes 21 de novembro ás 18:30 h.
Desexamos expresar todo o noso apoio á veciñanza nedense logo dos asolagamentos sufridos nestes días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario