Hai moitos anos decidín que había que pasar á acción, naceron entón varios proxectos para concienciar no feminismo, loitar contra a violencia de xénero, o abuso infantil, visibilizar mulleres, etc. “A historia en Feminino” é un proxecto que leva moitos anos visitando concellos de toda Galicia, o público vai desde infantil, primaria, secundaria, bacharelato, público adulto... ata persoas con capacidades especiais.
Todo esto nace do
compromiso persoal e de crer firmemente no que fago. Cando vexo as reaccións do
público penso... pagou a pena, esquezo daquela as horas roubadas ao sono, os
moitos quilómetros percorridos, semento feminismo e vexo os resultados, é o
mellor termómetro para comprobar que estes proxectos funcionan. Misión
cumprida, grazas por tanto como recibo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario