Conmemoramos
o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller", coa
actividade “Contando en Feminino” onde Ana Hermida contará, na súa terra
arteixá, historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, para
concienciar contra a violencia de xénero e o abuso infantil.
A actividade, que está dirixida ao alumnado das Escolas de Educación Infantil de A Lagoa, Rorís e Larín de Arriba, terá lugar o venres 17 de novembro ás 11:00 h. na Biblioteca "Henrique Rabuñal" do Concello de Arteixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario