Premio Oratoria "Filomena Dato"

             
Convócase o I PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO” para alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano é a "Sororidade".

Eliximos o 26 de febreiro, aniversario do seu pasamento para a presentación deste premio, cuxa ilustración é obra do artista Iván del Río. O acto de entrega farase coincidir coa data do seu nacemento, o 26 de xullo.

Filomena naceu en Ourense o 26 de xullo de 1856, mantivo desde nova unha estreita amizade coa escritora Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán, Fanny Garrido, Pérez Lugín, Curros Enríquez, Manuel Murguía, Lamas Carvajal, Antón Vilar Ponte… Na década dos oitenta converteuse non só nunha poeta profusamente premiada senón, e sobre todo, nunha das voces máis sobranceiras do feminismo galeguista de entre séculos, destacou pola súa faceta como oradora en varios foros en defensa das mulleres e de Galiza. No ano 1906, ano da fundación da RAG, foi nomeada académica correspondente. Os últimos anos pasounos en Moruxo (Bergondo) onde cega, finou a causa dun coma diabético o 26 de febreiro de 1926.

Convidamos á Real Academia Galega a que inclúa a palabra SORORIDADE no seu diccionario e siga o camiño da Real Academia Española que a incluíu en decembro de 2018. Expresamos o noso agradecemento á Rag por incluír no ano 2019 no seu diccionario o termo Sororidade.

Atendendo as suxestións da comunidade educativa, adiamos o prazo de presentación ata o 1 de marzo do ano 2020.

Debido á EXCEPCIONALIDADE que estamos a vivir, mantemos aberto o prazo de presentación e pedimos ás familias a súa implicación para que nenas e menos poidan participar desde as súas casas coas súas gravacións. O prazo remata o xoves 30 de abril ás 14:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario