ReviveBaiuca

             

Actualidade de ReviveBaiuca

Lisístrata Asociación convídate a participar en ReviveBaiuca.

Trátase dun proxecto colaborativo orientado á cidadanía do Lugar da Baiuca preferentemente, no que se poden presentar ideas para darlle pulo a este lugar e reforzar o tecido veciñal.

Calquera persoa pode participar manifestando as súas inquedanzas e aportando ideas sobre como desexaría que fose a Baiuca, non hai límite de idade nin se precisa ter ningún coñecemento, só precisamos a túa colaboración. Non é preciso vivir en Arteixo, pero o proxecto debe desenvolverse na Baiuca, antiga capital do Concello de Arteixo.

Serán espazos onde todos aprenderemos de todas, onde cada idea terá a importancia debida para transformar o noso entorno, ti que botas en falta? que che gustaría mellorar? como o farías.

Algúns exemplos podrían ser: a mellora do noso entorno, crear lugares para desenvolver actividades culturais, recuperar os entornos naturais e urbanos...O feminismo e a ecoloxía formarán parte tranversal deste laboratorio.

Esta iniciativa conta co apoio de Medialab-Prado e o Ministerio de Cultura e Deporte, no contexto da acción de “laboratorios distribuidos”, e coincidirá no seu tempo de realización cun gran número laboratorios cidadáns en organizacións e institucións de España e Latinoamérica.

Inscribe aquí o teu proxecto do 19 ao 31 de outubro

Inscribe aquí a túa proposta de colaboración do 01 ao 20 de novembro

Bases da Convocatoria 

Axenda e fases da Convocatoria:
Convocatoria de proxectos: do 19 ao 31 de outubro
Convocatoria de colaboración: do 1 ao 20 de novembro
Celebración do obradoiro: do 20 de novembro ao 10 de decembro
Presentación dos resultados: do 15 ao 31 de xaneiro de 2021

"
>