Nós

Esta Asociación Cultural sen ánimo de lucro, fomenta o desenvolvemento cultural dende unha perspectiva feminista e sustentable, respectando os valores da cultura de Galicia. Entre os seus fins está o potenciar a lingua galega e a figura feminina, a súa historia e as súas creacións nos seus diversos ámbitos.

Unha parte importante é a promoción das artes escénicas e musicais, así como divulgar a literatura galega, tanto oral como escrita. 
Tamén a recuperación da cultura tradicional: lendas, mitoloxía, tradicións, cancións, danzas, así como a investigación/recuperación da nosa historia e Memoria Histórica, costumes, xogos, oficios populares...

Nota: As imaxes dos cartaces así como todos os espectáculos (contido e/ou nome) están suxeitos a dereitos legais, son creación e propiedade desta asociación, polo que o seu uso indebido (copia, apropiación, etc. non autorizado) constitúe un delicto sobre a propiedade intelectual. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario