luns, 19 de febreiro de 2018

Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela

Homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.

Será o venres 23 de febreiro, no salón de actos de Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 19:30 h. A entrada e libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. Dirixido a público adulto.

xoves, 15 de febreiro de 2018

IV Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo

Este ano celébrase a cuarta edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Será o broche de ouro a unha serie de actividades coas que conmemoran o nacemento da escritora padronesa. Haberá 12 nenas e nenos que recitarán a súa propia obra, de entre 8 e 12 anos, que levarán un agasallo pola súa partipación, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén fará unha homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro, mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”.
A cita con Rosalía e coa poesía será o sábado 24, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:00 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

mércores, 14 de febreiro de 2018

Homenaxe a Filomena Dato "a poeta das Mariñas" en Bergondo

O Concello de Bergondo organiza unha homenaxe a Filomena Dato, na que colabora a Real Academia Galega, a parroquia de San Vicente de Moruxo, A Asociación Irmáns Suárez Picallo e a Asociación Cultural Lisístrata.
Intervirá o párroco Rubén Aramburu, Francisco Pita, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, a poeta e editora Dores Tembrás, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez. Alumnado de 2º da ESO do CPI Cruz do Sar lerá poemas da escritora. Rematará o acto co descubrimento dunha escultura na honra de Filomena Dato asinada por Francisco Escuredo e coa interpretación do Himno galego a cargo de José Otero López.
O acto terá lugar o martes 26 de febreiro no camposanto de Moruxo, ás 11:15 h.

martes, 13 de febreiro de 2018

Arteixo achega a figura de Rosalía ao alumnado do Ies Manuel Murguía con "Tecín soia a miña tea"

Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estará co alumnado do Ies Manuel Murguía. Faremos un repaso pola súa biografía e pola súa obra, haberá representación teatral, dramatización da súa obra e participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo para celebrar o Día de Rosalía.

Serán dous días de encontro, 21 e 22 de febreiro, cunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida e dona dunha obra de inmensa valía. Dúas sesións diarias na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, a primeira comezará ás 11:00 h. e a seguinte ás 13:00 h.

luns, 12 de febreiro de 2018

Día de Rosalía en Arteixo

A Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través de Rede Municipal de Bibliotecas, celebra o Día de Rosalía cunha serie de actividades para honrar á nai das nosas letras.

O primeiro dos actos ten como protagonista ao alumnado da Eso do Ies Manuel Murguía que asistirá á representación da obra “Tecín soia a miña tea”, dramatizacións da obra Rosaliana e que correrá a cargo da actriz Ana Hermida. Terá lugar os días 21 e 22 e dará comezo ás 11:00 h. 

O acto central será o “Concurso de poesía Homenaxe a Rosalía de Castro” que este ano xa vai pola cuarta edición. Está dirixido á infancia de entre 8 a 12 anos, que recitarán os seus propios poemas. Cada participante levará un agasallo, haberá ademáis un premio por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén se encargará de facer unha homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”.

Convidamos á toda a cidadanía de Arteixo a que participe desta gran festa Rosaliana, será na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:00 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

venres, 9 de febreiro de 2018

Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía en Pazos de Borbén

O Concello de Pazos de Borbén celebra o Día de Rosalía coa obra "Tecín soia a miña tea", onde Ana Hermida fará dramatizacións de poemas da nai das nosas letras. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller.

Será o martes 20 de febreiro ás 13:00 h. no Auditorio do Concello. Está organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén e dirixido ao alumnado de 1º a 4ª da Eso do CPI Curros Enríquez e da Asociación Aspavi.

xoves, 8 de febreiro de 2018

“O Voitre e a Pomba”, a palabra para combater a violencia de xénero

O público adolescente reacciona sempre do mesmo xeito ante o que percibe, os comentarios do coloquio posterior tamén son sempre semellantes, é un aliciente enorme que nos anima a seguir por este camiño. Nin xogos, nin risas, precisan algo contundente que o faga reflexionar, pensar e percibir que é algo real, non se trata dun xogo. Os textos son duros, impactantes e moi necesarios, así o cremos, por eso existe O Voitre e a Pomba.