Charlas

TEATRO
Un achegamento ao mundo teatral, dende as súas orixes ata a actualidade e as técnicas actorais. Un paseo polo mundo do teatro, as diferentes escolas, métodos, autores, xéneros, recursos... Obras e autores imprescindibles no mundo do teatro.
POESÍA
Clase maxistral sobre o verso, diferentes tipos, rimas, formas e técnicas de recitado, dende o seu nacemento ata a actualidade. A importancia da poesía na literatura, autores, poemas que perduran no tempo. As cualidades que debe ter unha persoa para dicir o verso.
VOZ
Estudio da voz e a importancia de coidala debidamente, a respiración, os coidados, as patoloxías derivadas do uso incorrecto, como saber entonar, a importancia da articulación, da vocalización, a arte e técnica de saber usala de xeito expresivo...  

DOBRAXE
Historia da dobraxe e repaso aos fitos máis salientables e que perduran na memoria, as grandes voces e intérpretes do cine e televisión. Os seus comezos en Galicia. A historia da profesión de dobrador, formación, recursos e técnicas que debe ter un profesional.

IGUALDADE DE XÉNERO
Como medida de prevención e concienciación, orientadas a ver alí onde non chega o superficial, aprender a distinguir onde está o sexismo no que nos arrodea, publicidade, xogos... Con apoio audiovisual tentamos concienciar e divulgar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario