Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2026

"Finximentos sonoros" en Arteixo

Nunha época onde todo entra polos ollos, convidámoste a vivir unha experiencia inmersiva única. Ven a desfrutar de "Finximentos Sonoros", unha sesión de micropezas en vivo, unha experiencia sonora única, directa ao teu corazón. Sintoniza os teus sentidos e prepárate para vivir uns momentos máxicos!

Será o domingo 28 de xuño ás 18:00 h. na Capela do Balneario, a entrada é libre e de balde ata completar aforo. Celebraremos así o fin de curso da Escola de Teatro Lisístrata, onde o alumnado mostrará as súas dotes interpretativas aprendidas no obradoiro que tivo lugar de xaneiro a xuño.

sábado, 10 de xaneiro de 2026

Obradoiro de Teatro en Arteixo

A Escola de Teatro Lisístrata, nace co fin que fagas, ames e aprendas a desfrutar das artes escénicas. Moitos son os beneficios que aporta facer teatro, mellora a axilidade mental, axuda a vencer a timidez, fomenta a creatividade, aumenta a empatía, potencia o mundo das emocións, mellora o desenvolvemento persoal, axuda a relacionarse con outras persoas, favorece a memoria e a psicomotricidade (especialmente nas persoas de idade avanzada), amplía a linguaxe de cada persoa, descubre un novo entorno...

Neste obradoiro traballaremos a expresión oral e corporal, a arte de interpretar, o verso, a dicción, a comprensión textual, etc. Está dirixido ás persoas maiores de dezaoito anos, sen límite de idade. O noso é un teatro interxeracional, interracial, multicultural, inclusivo e diverso, tal como é a nosa terra arteixá. A profesora é Diplomada en Arte Dramática.

Este obradoiro terá lugar todos os domingos de 18:00 a 19:00 h. na Capela do Balneario de Arteixo. Comezamos o domingo 11 de xaneiro, apúntate no mail do cartaz ou pásate por alí, é de balde!, serás benvida/o teñas 18 ou 100 anos. 

martes, 21 de decembro de 2021

"A historia en Feminino" no Concello de Bóveda

Viaxamos ao Concello de Bóveda, na Comarca da Terra de Lemos, ao sur da provincia de Lugo, que organiza o campamento Nadal en Igualdade, onde Ana Hermida fará un achegamento ás moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta “Historia en Feminino”.

Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia no Centro Sociocultural do Concello, o mércores 29 de decembro ás 11:00 h.

luns, 8 de novembro de 2021

Obradoiro de Teatro no Concello da Laracha

Hoxe comezamos as clases, presentacións, algún exercicio… coma sempre é unha experiencia marabillosa, hai moita ilusión nos seus ollos e sempre conseguen facer grandes cousas, eu apoio un pouco, o mérito é destas persoíñas que queren xogar ao teatro. Que grande é o teatro! axuda a socializar, perder vergoñas inútiles, gañar vocabulario, mellorar expresividade e memoria, ser solidaria e compañeira, axudar ao amigo, coñecer a nosa cultura… a tantas cousas! Gústame o que fago e gústame como o fan, con inocencia e con gañas, tamén me gusta moito ver ás familias como apoian ás nenas e menos. Sei que sairá algo fermoso neste curso, sempre o conseguen e eu síntome feliz co resultado. Pois a cita semanal na Laracha co teatro e a infancia xa está en marcha, viva o teatro!

mércores, 8 de setembro de 2021

Segunda edición de "ReviveBaiuca", inscribe a túa proposta

Lisístrata Asociación convídate a participar na segunda edición de ReviveBaiuca, un proxecto colaborativo orientado á cidadanía do Lugar da Baiuca preferentemente, no que se poden presentar ideas para darlle pulo a este lugar e reforzar o tecido veciñal.

Calquera persoa pode participar manifestando as súas inquedanzas e aportando ideas sobre como desexaría que fose a Baiuca, non hai límite de idade nin se precisa ter ningún coñecemento, só precisamos a túa colaboración. Non é preciso vivir en Arteixo, pero o proxecto debe desenvolverse na Baiuca, antiga capital do Concello de Arteixo

Algúns exemplos podrían ser: mellora do noso entorno, crear lugares/actividades culturais, recuperar os entornos naturais e urbanos...O feminismo, diversidade, ecoloxía e cultura formarán parte tranversal deste laboratorio.

Esta iniciativa conta co apoio de Medialab-Prado e o Ministerio de Cultura e Deporte, no contexto da acción de “laboratorios distribuidos”, e coincidirá no seu tempo de realización cun gran número laboratorios cidadáns en organizacións e institucións de España e Latinoamérica.

Inscribe aquí o teu proxecto do 01 de setembro ao 05 de outubro

Axenda e fases da Convocatoria:

Convocatoria de proxectos: do 01 de setembro ao 05 de outubro
Convocatoria de colaboración: do 05 ao 31 de outubro
Celebración do obradoiro: do 01 ao 30 de novembro

Bases da Convocatoria 2021

sábado, 14 de novembro de 2020

Aberta convocatoria a persoas colaboradoras no proxecto "A Baiuca, lugar cultural"

O proxecto "A BAIUCA, LUGAR CULTURAL" consiste en dinamizar o Lugar da Baiuca coa cultura (teatro, arte, pintura, fotografía, clube de lectura feminista, arte urbana, poesía, audiovisual...) mediante actividades formativas, exposicións, actuacións... A veciñanza é de todas as idades, ámbitos e culturas, polo que pretendemos mesturar a cultura galega coa das persoas de diversa procedencia, Arteixo é un concello que se enriquece coas persoas que elixiron o noso concello para vivir. Será un proxecto multicultural, interxeracional, interracial, feminista e diverso.

Esta iniciativa conta co apoio de Medialab-Prado e o Ministerio de Cultura e Deporte, no contexto da acción de “laboratorios distribuídos”, e coincidirá no seu tempo de realización cun gran número laboratorios cidadáns en organizacións e institucións de España e Latinoamérica. ReviveBaiuca é un laboratorio dirixido á cidadanía, un obradoiro orientado á cooperación entre persoas diversas, principalmente da zona da Baiuca, e calquera outra persoa de calquera ámbito xeográfico neste mundo globalizado que queira aportar algo ao proxecto. Un lugar de encontro, experimentación e creación de solucións e alternativas concretas para mellorar a convivencia e a vida do Lugar da Baiuca, a antiga capital do Concello de Arteixo. Podes inscribirte aquí. Máis información e apuntamentos en revive.baiuca@gmail.com 

luns, 26 de outubro de 2020

Nace ReviveBaiuca, se queres colaborar inscribe a túa proposta

Lisístrata Asociación convídate a participar en ReviveBaiuca, un proxecto colaborativo orientado á cidadanía do Lugar da Baiuca preferentemente, no que se poden presentar ideas para darlle pulo a este lugar e reforzar o tecido veciñal.

Calquera persoa pode participar manifestando as súas inquedanzas e aportando ideas sobre como desexaría que fose a Baiuca, non hai límite de idade nin se precisa ter ningún coñecemento, só precisamos a túa colaboración. Non é preciso vivir en Arteixo, pero o proxecto debe desenvolverse na Baiuca, antiga capital do Concello de Arteixo.

Serán espazos onde todos aprenderemos de todas, onde cada idea terá a importancia debida para transformar o noso entorno, ti que botas en falta? que che gustaría mellorar? como o farías.

Algúns exemplos podrían ser: a mellora do noso entorno, crear lugares para desenvolver actividades culturais, recuperar os entornos naturais e urbanos...O feminismo e a ecoloxía formarán parte tranversal deste laboratorio.

Esta iniciativa conta co apoio de Medialab-Prado e o Ministerio de Cultura e Deporte, no contexto da acción de “laboratorios distribuidos”, e coincidirá no seu tempo de realización cun gran número laboratorios cidadáns en organizacións e institucións de España e Latinoamérica.

Inscríbe aquí o teu proxecto do 19 ao 31 de outubro

Bases da Convocatoria 

martes, 26 de febreiro de 2019

Audiohistorias, homenaxe a Antón Fraguas na Biblioteca de Meicende

Inventaremos personaxes que habiten mundos imaxinarios e ambientaremos historias que contaremos en público, como no teatro, aprendendo o valor de escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras de ficción, poemas… e que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos: expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as nosas audiohistorias, que nesta ocasión renden homenaxe a Antón Fraguas, a quen a Rag lle dedica o Día das Letras Galegas 2019.

Este obradoiro, dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 11 anos, terá lugar na Biblioteca do CSC de Meicende “Antón Castro” do Concello de Arteixo, o mércores 27 de febreiro ás 18:00 h.

venres, 9 de decembro de 2016

“Audio Historias” na Biblioteca de Meicende

Inventaremos personaxes que habiten mundos imaxinarios e ambientaremos historias que contaremos en público, como no teatro, aprendendo o valor de escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras de ficción, poemas… e que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos: expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as nosas audiohistorias.

Este obradoiro, dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, terá lugar na Biblioteca do CSC de Meicende “Antón Castro” do Concello de Arteixo, o mércores 14 de decembro ás 18:15 h.

xoves, 9 de outubro de 2014

Presentación do Obradoiro de Teatro na Coruña

Este pasado venres foi o primeiro día do Obradoiro de Teatro, o alumnado estaba agardando con ilusión e tiña moitos desexos de traballar e divertirse. Así foi, presentación de cada unha das persoas que estaremos formando o grupo, comentarios... e por fin chegaron os exercicios que estaban agardando, todas as nenas e nenos participaron e notábaselles con desexos de querer máis e máis.

Estou segura que coa súa pouca idade, de tres a doce anos, serán quen de facer grandes cousas.