O público infantil non sabía quen era Manuel María, así que o
primeiro que fixen foi a presentación oportuna, cando marcharon xa o coñecían
físicamente, xa leran a súa obra, xa sabían da Terra Chá, de Outeiro de Rei... Coñeceron
palabras novas e fermosas como "señardade" e por raro que pareza tampouco coñecían o carro, nunca viran ningún, así que tocou
falar do fungueiro, do eixo, da chavella… Escoitaron, leron, rimaron, xogaron e cantaron os
seus poemas… querían máis, pero era hora de marchar.
domingo, 28 de febreiro de 2016
sábado, 27 de febreiro de 2016
O día que estivemos contando "A historia en Feminino" en Meicende
“Cóntame outra vez” contos para a infancia na Biblioteca de Arteixo
Os contos clásicos son atemporais, máxicos e
estimulan a imaxinación da infancia. Lobos, ogros, heroínas e animais con
personalidade propia son personaxes que simbolizan o positivo e o negativo e
que lles axudan a superar os seus conflitos. Contaremos para o público infantil
contos de sempre para que nenas e nenos disfruten como nunca.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Cóntame outra vez,
contos
martes, 23 de febreiro de 2016
Celebramos o Día da Muller en Arteixo coa proxección de "Fíos Fóra"
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai
historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60
foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que
agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil
aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos
nós deste sistema.
A Asociación Cultural Lisístrata organiza a proxección de Fíos Fóra en
Arteixo (capital mundial da producción téxtil) o vindeiro 5 de marzo ás 20:00
h. no Auditorio do Concello, a carón do Paseo Fluvial, no que posteriormente
haberá un coloquio coas persoas responsables do documental.
Achégate a Arteixo para celebrar o Día da Muller con Fíos Fóra,
"historias de obreiras, entre costuras e patróns". Un documental de Illa Bufarda para Amarante Setem.
A entrada é de balde ata completar aforo. Podes reservalas no seguinte
enderezo: lisistrata.asociacion@gmail.com
Etiquetas:
8M,
Arteixo,
Arteixo en Feminino,
Día da Muller,
documentais,
igualdade
sábado, 13 de febreiro de 2016
Rimando e Xogando con Manuel María na Biblioteca de Pastoriza
Esta semana achegarémonos a Pastoriza para render unha homenaxe a Manuel
María, neste seu ano das Letras Galegas. O autor chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas, cancións... Unha
maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa figura que estará
nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí
se acheguen. Teremos pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás
veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e
outras nas que interactúan coa contadora.
A cita coa poesía será o xoves 18 na Biblioteca Miguel Sande de
Pastoriza, ás 18:50 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Día das Letras Galegas,
homenaxes,
poesía,
Rimando e Xogando
venres, 5 de febreiro de 2016
Tecín soia a miña tea, a Rosalía de Castro máis feminista visitou A Pobra do Caramiñal con motivo do 25N
O Concello de A Pobra do Caramiñal programou con motivo do Día
Internacional da eliminación da violencia contra a muller, "Tecín soia a
miña tea", dramatización de textos de Rosalía de Castro. Foron dúas
sesións dirixidas ao alumnado do Ies A Pobra, onde Ana Hermida achegou a parte máis
feminista e reivindicativa da escritora. Día no que alumnado e profesorado participaron da
actividade con lecturas, debate e refexións nun salón de actos cheo de mozos e mozas con ansias de disfrutar da Nai das nosas letras.
Facemos as paces?, contos na Biblioteca Ánxel Casal para conmemorar o Día da Paz
Contos para que
a infancia medre nos valores da paz e non violencia, historias nas que está
presente a resolución de conflitos e o respecto entre as xentes e os pobos do
mundo. A través das diferentes historias de castelos, exércitos, animais… nenas
e nenos coñecerán valores tan importantes como a paz, a solidariedade, a
amizade…
Será o sábado 6 de
febreiro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás
12:00 h.
luns, 1 de febreiro de 2016
A historia en Feminino na Biblioteca Central de Arteixo
Seguirei tentando contribuír, moi humildemente, a visibilizar e poñer en
valor a tantas mulleres marabillosas que polo feito
de ser mulleres nun mundo onde a historia, escrita por e para os homes, non
lles dá o seu lugar. Irei alí onde o soliciten, é un compromiso persoal, anque teña que escoitar algunha que outra vez "pero á que non sabedes cambiar unha buxía?" "as mulleres só saben de maquillaxe" "eso que contas non o creo"...
Foi a mellor lección para a infancia, eu contando e outra persoa desmentindo o que eu dicía, daquela expliqueilles ás nenas que escoitarían moitas veces na súa vida algo semellante, pero que non fixeran caso e comecei a rebatir, argumentar, amosei libros, vídeos... quedoulles moi claro que esas mulleres eran extraordinarias e comezaron a dicir que tamén querían ser como elas, eu díxenlles: podedes ser o que queirades ser, resposta delas, si, ese home non ten razón. Anque triste e duro ese día (non ocorreu nesta biblioteca) foi moi gratificante a resposta do público infantil.
Foi a mellor lección para a infancia, eu contando e outra persoa desmentindo o que eu dicía, daquela expliqueilles ás nenas que escoitarían moitas veces na súa vida algo semellante, pero que non fixeran caso e comecei a rebatir, argumentar, amosei libros, vídeos... quedoulles moi claro que esas mulleres eran extraordinarias e comezaron a dicir que tamén querían ser como elas, eu díxenlles: podedes ser o que queirades ser, resposta delas, si, ese home non ten razón. Anque triste e duro ese día (non ocorreu nesta biblioteca) foi moi gratificante a resposta do público infantil.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)