O Concello de Santiago de Compostela para conmemorar o 25N dentro da
campaña: En negro contra as violencias, organizou unha ampla programación que inclúe Contando en
feminino, onde Ana Hermida achegará á infancia historias contadas desde a
perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional
nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e
onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
luns, 19 de novembro de 2018
"Contando en feminino" en Compostela, dentro da campaña do 25N: En negro contra as violencias
O Concello de Valga programa "Miña casiña meu lar" o 25N dentro da campaña: En negro contra as violencias
“Miña casiña, meu lar”
amosa a realidade da muller no seu entorno diario, reflicte a crúa situación
das mulleres maltratadas, tanto no físico, coma no verbal, sexual, laboral,
psíquico… Diferentes situacións, diferentes mulleres e unha soa actriz que dá
vida a todas elas. Sempre cun eixo común, a inxusta realidade coa que se
atopan, aínda hoxe, as mulleres no seu día a día. Todo esto posto enriba dun
escenario para tentar concienciar ao público na igualdade e violencia de xénero
e promover o debate sobre o tema.
EscóitameTamén, ten como propósito
honrar e amplificar aínda máis as voces das persoas, xa sexa a dunha ama de
casa no seu fogar, a dunha alumna que sofre abusos do seu profesor, a dunha
secretaria de oficina, a dunha deportista... É unha
chamada a escoitar e a crer ás persoas sobreviventes, a poñer fin á cultura do
silencio e a que a nosa resposta teña como centro de atención as persoas sobrevivientes. Debe deixar de cuestionar a
credibilidade da vítima e no seu lugar hai que centrarse na rendición de contas
do agresor. Aquelas persoas que alzaron a voz axudáronnos a
entender mellor como o acoso sexual chegou a normalizarse e mesmo xustificarse como parte inevitable da vida dunha muller. Trátase dun círculo
vicioso que debe terminar. É absolutamente inaceptable que a gran maioría dos
autores da violencia contra mulleres e nenas quede impune.
A lexislación debe recoñecer que o acoso sexual é
unha forma de discriminación contra as mulleres e unha violación dos dereitos
humanos, expresando e rexenerando o concepto de desigualdade que ten lugar en
moitos ámbitos da vida, desde as escolas ata o lugar de traballo, desde os
espazos públicos ata Internet. Se as leis protexen os lugares de traballo, tanto formais como non formais, as persoas traballadoras máis vulnerables terán
máis oportunidades de sinalar o abuso e ser escoitadas. Tolerancia cero ante
calquera tipo de abuso. (Phumzile Mlambo-Ngcuka).
Será o sábado 25 de
novembro ás 18:30 h. no auditorio do Concello de Valga.
Etiquetas:
Ana Hermida,
feminismo,
igualdade,
Miña casiña meu lar,
monólogos,
teatro,
Valga,
violencia de xénero
Estaremos "Contando en feminino" no Concello de Santiso para conmemorar o 25N
Ana Hermida achegará á infancia historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Etiquetas:
abuso infantil,
Ana Hermida,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
feminismo,
igualdade,
Santiso,
violencia de xénero
O Concello de Sada programa "Mulleres no espello", teatro para conmerorar o 25N, dentro da campaña: En negro contra as violencias
Estaremos no Concello de Sada, a Perla das
Mariñas, ofrecendo unha ollada a traves da escrita de varios autores sobre a
personalidade da muller: o amor, a vinganza, o erotismo, a paixón… Unha
exploración sobre a condición feminina e a súa loita continua por existir dunha
maneira digna e independente. Orbitamos ao redor da Muller nun enredo
convocado para gozar, compartir e sumar.
Será o sábado 24 na Casa da Cultura do Concello
de Sada, dentro dos actos programados pola Concellaría de Cultura para
conmemorar o 25N "Día Internacional da Eliminación da violencia
contra a Muller", e dará comezo ás 20:00 h.
Estaremos "Contando en feminino" en Cee, dentro da campaña do 25N: En negro contra as violencias
Ana Hermida achegará á infancia historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Etiquetas:
abuso infantil,
Ana Hermida,
Cee,
Cim,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
feminismo,
igualdade,
violencia de xénero
"A historia en Feminino" chega a Ferrol para conmemorar o 25N
Viaxaremos ao Concello de Ferrol para contar a "Historia en Feminino", alí Ana Hermida fará un achegamento ao alumnado do Ceip de Pazos, das moitas e
sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia.
Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. Está promovida esta actividade pola Anpa Pazos.
domingo, 18 de novembro de 2018
Estaremos "Contando en feminino" en Cee, dentro da campaña do 25N: En negro contra as violencias
Ana Hermida achegará á infancia historias contadas desde a
perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional
nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e
onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Por iniciativa do Cim do Concello de Cee estaremos concienciando
na igualdade, violencia de xénero e feminismo ao alumnado de Educación Infantil da EEI da Pereiriña, CPR Manuela Rial Mouzo, Ceip A
Igrexa de Brens e Ceip Eugenio López. Será o martes 20 de
novembro ás 10:30 h. na Casa da Cultura de Cee.
Etiquetas:
abuso infantil,
Ana Hermida,
Cee,
Cim,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
feminismo,
igualdade,
violencia de xénero
luns, 12 de novembro de 2018
O Concello de Coristanco programa "Mulleres no espello", teatro para conmerorar o 25N, dentro da campaña: En negro contra as violencias
Estaremos no Concello de Coristanco, na Comarca de Bergantiños, ofrecendo
unha ollada a traves da escrita de varios autores sobre a personalidade da
muller: o amor, a vinganza, o erotismo, a paixón… Unha exploración sobre a
condición feminina e a súa loita continua por existir dunha maneira digna e
independente. Orbitamos ao redor da Muller nun enredo convocado para
gozar, compartir e sumar.
Será o venres 16 na Casa da Cultura do Concello de Coristanco, dentro dos
actos programados polo concello para conmemorar o 25N "Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller", está dirixido ao público escolar para
concienciar na igualdade e violencia de xénero e dará comezo ás 12:00 h.
martes, 6 de novembro de 2018
Celebramos o magosto contando "A historia en Feminino" no Concello de Riveira
Viaxaremos á Comarca do Barbanza para contar a "Historia en Feminino" no Concello de Riveira, Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil e adulto das moitas e
sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia.
Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. Está promovida esta actividade pola Asociación Veciñal de Carreira.
domingo, 4 de novembro de 2018
O Concello de Pazos de Borbén celebrou o Día de Rosalía con “Tecín soia a miña tea”
A Biblioteca de Pazos de Borbén programou "Tecín soia a miña tea" para celebrar o Día de Rosalía. Cada vez que fago esta actividade para o público
escolar disfrútoa moito, que descubran a Rosalía é unha sensación marabillosa,
sempre ocorre o mesmo, risas e máis risas, moitas mans erguidas para ler a súa
obra, preguntas e máis preguntas que nacen da curiosidade ante o que están a
ver… Cando Ana Hermida, esta particular Rosalía, sae ao seu encontro non saben onde meterse, póñense de todas
as cores, aínda así, todo o mundo quere participar. No Concello de Pazos de Borbén o público eran persoas usuarias de Aspavi e alumnado do
CPI Curros Enríquez, espero que prendera o amor
pola obra e figura rosaliana, a xulgar polo que vin, penso que así foi.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
colexios,
Pazos de Borbén,
poesía,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
domingo, 21 de outubro de 2018
Celebramos o Día da Biblioteca contando "A historia en Feminino" no Concello de A Mezquita
Viaxaremos á Comarca de Viana, a terra dos Tres
Reinos, na fronteira de Galicia, Castela e Portugal, alí no Concello da
Mezquita, Ana Hermida fará un achegamento ao mundo infantil das moitas e
sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia.
Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. Está promovida esta actividade polo
Concello e a Asociación Os Tres Reinos.
O Concello do Rosal programa "Contando en feminino", contos de igualdade, para celebrar o Día da Biblioteca
Ana Hermida achegará á infancia historias contadas
desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o
tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode
cambiar e onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas
mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Celebramos así o Día da Biblioteca, porque “houbo un
día no que esa biblioteca non existía. Alguén a soñou, loitou por ela, encheuna
de libros e tamén de soños. Que non haxa un só ser humano conectado ao que foi, ao que é e ao que será. Na túa man hai millóns de mans, estreitando a túa,
acompañándote no camiño. No libro que te espera na mesa de noite ou xunto ao
sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Pero
todos preciosos. Conectados todos por un invisible fío de prata que une man con
man, andel con andel, un fío inacabable e luminoso. Inacabable, e así sexa.
Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir O día da Luz. Feliz día,
feliz século” (Gonzalo Moure Tenor).
A cita cos contos e coa igualdade será o mércores 24 de outubro ás 11:00 h., con
dúas sesións para o alumnado de infantil e primaria do Cra María Zambrano, na
Biblioteca Pública Municipal do Concello de O Rosal.
mércores, 10 de outubro de 2018
Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela con "Palabra de Muller"
A Biblioteca Pública de
Santiago Ánxel Casal celebra o Día das Escritoras co recital “Palabra de muller”,
no que, baixo o tema rebeldes e transgresoras, farase un percorrido pola
obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas,
incomprensiblemente esquecidas... ás que queremos honrar. Varias mulleres
representativas da cultura e sociedade galegas prestan a súa voz ás escritoras
homenaxeadas. A actividade está dirixida ao público adulto e coordinada por Ana
Hermida, de Lisístrata Asociación.
Este día é unha iniciativa
da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres
Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación
Clásicas e Modernas (CyM).
Leremos textos de Teresa
de Jesús, María de Zayas, Juana Manso, Rosalía de Castro, Rosario de Acuña,
Filomena Dato Muruais, Carmen de Burgos, Delmira Agustini, Xela Arias, Victoria
Ocampo, Aurora Bertrana, Luísa Villalta, Magda Donato, Sorne Unzueta Lanzeta
(Utarsus), Begoña Caamaño, Ángela Figuera Aymerich, María Zambrano, Xohana
Torres, Idea Vilariño, Ana María Matute, María Victoria Moreno, Carmen Martín
Gaite, Josefina Aldecoa, Sofía Casanova, Alejandra Pizarnik, Esther Tusquets, Hildegart
Carballeira, María-Mercé Marçal.
Será o luns 15 de outubro ás
19:30 h no salón de actos da Biblioteca, a entrada é libre e gratuíta ata
completar aforamento.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
Día das Escritoras,
feminismo,
homenaxes,
igualdade,
Palabra de Muller,
poesía,
Rag,
teatro
sábado, 29 de setembro de 2018
"Contando en feminino", contos de igualdade e violencia de xénero, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Ana Hermida achegará á infancia historias contadas
desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional
nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita cos contos e coa igualdade será o sábado 13 de outubro ás 12:00 h. no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, que deste este mes conta cunha biblioteca feminista no seu 3º andar.
A cita cos contos e coa igualdade será o sábado 13 de outubro ás 12:00 h. no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, que deste este mes conta cunha biblioteca feminista no seu 3º andar.
domingo, 16 de setembro de 2018
A historia en Feminino, tamén conta a historia das mulleres en Galicia
A historia en Feminino ten como obxectivo
visibilizar as mulleres e facer xustiza á metade da poboación, contar a
historia real, polo que levamos anos tentando ofrecer referentes á infancia e
ao público adulto. Na Biblioteca Central en Arteixo "Henrique
Rabuñal” fixemos un
achegamento ao mundo infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas,
mulleres que houbo ao longo da historia. As nenas e nenos do Concello de
Arteixo descubriron a científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras,
escritoras, músicas, deportistas… Contamos tamén a historia de grandes mulleres
galegas, unha das que forma parte do noso catálogo desde hai tempo é María
Vinyals, figura á que hoxe se lle está a recoñecer a súa pegada na historia.
luns, 3 de setembro de 2018
Estivemos na homenaxe a Filomena Dato en Bergondo
Deixamos mostra gráfica do que foi a homenaxe a Filomena
Dato, a Poeta das Mariñas, que tivo lugar o pasado mes de febreiro en Bergondo, no que participaron a alcaldesa Alejandra Pérez Máquez en representación do Concello e Víctor
Freixanes en representación da Real Academia Galega. Foi un acto presentado por
Rubén Aramburu no que o alumnado do Cpi Cruz do Sar recitou poemas da
homenaxeada, ao igual que Dores Tembrás, que puxo voz aos versos da poeta. Ana
Hermida viaxou a Moruxo por segunda vez para volver renderlle homenaxe a
Filomena recitando, cantando e lembrando a Rosalía de
Castro, momento que recolle esta foto co presidente da Real Academia, a quen
agradezo a súa amabilidade. O acto rematou descubrindo o monólito a Filomena, obra de
Francisco Escudero e coa interpretación do Himno Galego, polo gaiteiro Francisco
José Otero López.
Xa en xullo do 2017 estivemos rendendo homenaxe a
Filomena Dato en Moruxo, onde Ana Hermida adiantou parte do espectáculo “Ningún
lazo a suxeita” para achegar á cidadanía a obra da poeta e rescatala dun esquecemento
inxusto. Son moitas horas de procurar información, documentación, ensaios…
sempre co único obxectivo de visibilizar á muller e divulgar a súa obra. Filomena foi invisibilizada inxustamente ao longo do tempo,
algo que actualmente tamén ocorre coas mulleres que teiman en visibilizar a
outras mulleres e que despois de tanto empeño, traballo e esforzo, ven como outras
xentes se penduran medallas a conta delas, a historia non mudou tanto. A
Asociación Lisístrata ten como obxectivo concienciar na igualdade e violencia
de xénero, poñer en valor a figura feminina e as súas creacións, así como a
defensa da cultura e lingua galega, motivo polo que desde hai tempo estivemos
traballando para facer xustiza a Filomena, ao igual que fixemos e faremos con outras mulleres.
En breve iremos anunciando sorpresas e novidades sobre a poeta.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía,
Rag
xoves, 30 de agosto de 2018
Despedimos o verán con "Contos mollados" na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Imos navegar por continentes perdidos, viaxaremos
en barcos pantasma, atoparémonos con naufraxios, piratas, monstros mariños,
sereas…contaremos historias das divindades mariñas e habitantes do fondo do
mar. Atraca neste peirao dos contos mollados e descubrirás as marabillas que se
ocultan máis aló dos límites do descoñecido.
A cita cos contos será o sábado 1 de setembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h. e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
A cita cos contos será o sábado 1 de setembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h. e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Contos mollados,
mar
xoves, 19 de xullo de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía en Compostela
Homenaxe
a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo
pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes
hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O
desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me
deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura.
Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción
para honrar a nai da nosa terra.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Compostela,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo
O acto está organizado polo activista cultural e
párroco de Bergondo, Rubén Aramburu e a Asociación Cultural Lisístrata, que
desde hai tempo organizan diferentes actos para achegar á cidadanía a obra e
figura da poeta nacida en Ourense e falecida en Moruxo (Bergondo).
Comezará o acto coa ofrenda floral no monólito de
Filomena Dato, por parte de representantes do Concello de Bergondo, acto
seguido a gaiteira Ana Rodríguez interpretará o Himno Galego, a continuación Rubén
Aramburu, párroco de Bergondo fará unha misa na honra da “Poeta das Mariñas” que
será cantada por Bea a de Estrella, para rematar o acto a obra poética de
Filomena Dato soará na voz de Ana Hermida co recital “Ningún lazo a suxeita”.
Esta sentida homenaxe, aberta a toda a cidadanía, será
o xoves 26 de xullo ás 19:30 h na Igrexa de San Vicente de Moruxo, no Concello
de Bergondo.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía
martes, 17 de xullo de 2018
Rosalía de Castro en Compostela
A nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro,
con Ana Hermida, non é algo puntual nin de datas no calendario, Rosalía leva con
nós anos, levamos a súa obra, a súa palabra, a súa mensaxe... á rúa, aos
colexios, aos institutos, aos teatros. Ela é o importante, quen ouse cambiarlle
a súa imaxe para facela máis atractiva (ela xa era bonita dabondo), quen queira
converter a súa figura nunha feira, quen se queira apropiar dela, quen
pretenda convertela nun produto, está moi equivocada. Rosalía foi, é e
será nosa, do pobo, por eso é grande.
O sábado 28 de xullo Rosalía de Castro estará no espazo de arte "Os Catro Gatos", ás 12:00 h.
O sábado 28 de xullo Rosalía de Castro estará no espazo de arte "Os Catro Gatos", ás 12:00 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Compostela,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea,
videos
mércores, 27 de xuño de 2018
“A historia en Feminino” vai de campamento ao Concello de Oroso
A Biblioteca Pública Municipal de Oroso organiza
esta actividade que está dirixida ás nenas e nenos que participan no
campamento de verán que organiza o Concello. Ana Hermida viaxará ata a Comarca
de Ordes para facer un achegamento ao mundo infantil das moitas e sobresaíntes
e descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia: científicas, deportistas,
guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida
nesta historia en feminino.
A cita será o venres 13 de xullo ás 12:00 h. na sala
anexa á Biblioteca do Concello de Oroso.
martes, 19 de xuño de 2018
“Ecos do tempo”, contamos a historia na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Faremos
unha viaxe na máquina do tempo, que nos transportará ás distintas épocas e
culturas da historia, para coñecer personaxes fascinantes, curiosidades
sorprendentes… queres saber que? como? por que? quen? cando? atrévete a
atravesar o tempo comigo e atoparás todas esas respostas. Quen dixo que a
historia non era divertida?
A cita
coa historia será o sábado 23 de xuño, no salón de actos da Biblioteca Pública
de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Ecos do tempo,
historia
xoves, 31 de maio de 2018
A historia en Feminino e as mulleres galegas
A historia en Feminino ten como obxectivo
visibilizar as mulleres e facer xustiza coa metade da poboación, contar a
historia real, polo que levamos anos tentando ofrecer referentes á infancia e
ao público adulto. Contamos tamén a historia de grandes mulleres galegas ás que,
aínda a día de hoxe, non se lles fixo o recoñecemento debido, como Josefina de
Serantes, figura que estabamos a recuperar e da que, grazas ao apoio do seu fillo Eduardo,
tivemos unha información máis completa. Non vendemos ningún produto, só
tentamos facer un acto de reparación e xustiza no que cremos firmemente,
afrontamos este ideal sen o apoio de ningún tipo, nin de organismos oficiais,
nin privados, por suposto tampouco de ningún partido político ou sindical,
pensamos que o feminismo non debe estar suxeito a nada, non debemos nada a
ninguén nin aceptamos que ninguén nos diga o que debemos ou non debemos dicir,
ou a quen debemos censurar. Polo que pese a quen lle pese, seguiremos a
recuperar e contar a historia real, non con afán mercantilista, senón como
compromiso persoal, a igualdade, a violencia de xénero, o feminismo, a muller… non son un xogo nin tampouco obxecto
de mercadeo.
domingo, 27 de maio de 2018
"A historia en Feminino" pechou os actos do 8M en Pazos de Borbén
Viaxamos ata a comarca
de Vigo, concretamente ao Concello de Pazos de Borbén, para achegar ao público
A historia en Feminino, onde Ana Hermida tentou visibilizar ás mulleres
borradas da memoria e coñecer as súas vidas marabillosas, os seus logros,
achegar a realidade oculta durante séculos, amosarlles unha visión real da
historia. A resposta foi a que eu esperaba, está a darme moitas satisfaccións
ao comprobar a reacción das nenas e nenos e tamén do público adulto. Levo
moitos anos tentando darlle o seu lugar ás mulleres que houbo ao longo da
historia, das que aínda hoxe habitan nun ocultismo inxusto e das que na
actualidade se contan moitas inexactitudes e mentiras causando un dano
terrible, aí estivemos nós para dicirlle ao público que é intelixente dabondo e
que non crea todo o que se lle conta, que lea, que lea moito e teña o seu
propio criterio.
O público foi ao alumnado e profesorado do Ceip Curros Enríquez e da Asociación Aspavi, queremos expresar os nosos parabéns á organización, a José Manuel Soto Virulegio, responsable da Biblioteca de Pazos de Borbén, por practicar unha plena inclusión en todas as actividades que realiza, tamén agradecer ao profesorado a súa implicación e ao alumnado a súa atención e interese, agardamos que espertara moitas inquedanzas. Grazas.
O público foi ao alumnado e profesorado do Ceip Curros Enríquez e da Asociación Aspavi, queremos expresar os nosos parabéns á organización, a José Manuel Soto Virulegio, responsable da Biblioteca de Pazos de Borbén, por practicar unha plena inclusión en todas as actividades que realiza, tamén agradecer ao profesorado a súa implicación e ao alumnado a súa atención e interese, agardamos que espertara moitas inquedanzas. Grazas.
Conmemoramos o 25N Contando en femininino en Mondariz
O Concello de Mondariz, na comarca do Condado,
acolleu unha sesión de Contando en feminino, actividade que organizou a
Biblioteca Pública Municipal Xoan Xosé Pérez Labaca dentro dos actos de
conmemoración do 25N para concienciar na igualdade e violencia de xénero ao
público infantil.
É unha proba continua á que me someto
voluntariamente cada vez que fago actividades deste tipo, o público infantil
non ten filtros, é pura verdade, pregunta as cousas máis inesperadas, ese día
había unha nena que tiña unha especial curiosidade polo tema, a min encántanme
ese tipo de preguntas, anque as caras das nais e pais que estaban ao fondo
mentres contaba eran moi significativas, sorprendíanse das propias reaccións do
público infantil mentres se preguntaban… como sairá Ana desta? pois saín, non
sen antes dar todo tipo de explicacións para satisfacer esa curiosidade, lóxica á súa
idade, da nena que teimaba en repreguntar sobre a violencia de xénero, quedei
satisfeita cando despois de explicarllo pedinlle que, por favor, me contase
coas súas palabras o que eu lle dixera e… que satisfacción sinto cando comprobo
en persoa os resultados, si, foi unha proba superada, outra vez.
Volvín para a casa disfrutando da viaxe coas
paisaxes fermosas da nosa terra, regresei feliz dicíndome: misión cumprida.
Grazas por tanto como recibo, paga a pena tanto esforzo, tantas viaxes, tantas
horas, tantos impedimentos, tantas censuras, tantas pedras que me poñen no
camiño as mentes necias que ven a violencia de xénero e a igualdade como un
negocio e non como un compromiso persoal, tal e como eu o sinto, non acaban de
entender que coa violencia de xénero non se xoga e que facer actividades para a
infancia é algo moi serio, é un público moi sensible e intelixente, teñen
poucos anos, pouca estatura, pero a mente máis aberta que as persoas adultas.
martes, 15 de maio de 2018
Celebramos o Día das Letras Galegas "Contando en feminino" no Concello de Vedra
A AC San Campio organiza, coa colaboración co Concello
de Vedra, o IV Concurso Serán das letras para celebrar o Día das Letras
Galegas. Con tal motivo este venres terá lugar a entrega de premios dos
debuxos, relatos e poemas premiados. Aí estará Ana Hermida para contar historias
e ir concienciando ao público na igualdade e violencia de xénero, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos
tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como
algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a
formar en igualdade.
Será o venres 18 de maio, no local do Ferrador en San Miguel de Sarandón no Concello de Vedra, ás 20:30 h.
xoves, 10 de maio de 2018
“Contadas na súa voz”, celebramos o Día das Letras Galegas con María Victoria Moreno na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Seguimos rendendo homenaxe á nosa cultura na
primavera das letras, nesta ocasión será a María Victoria Moreno, pioneira
da literatura galega infantil, a quen a Real Academia Galega dedica este ano o
Día das Letras Galegas. Repasaremos a súa biografía e faremos contadas na súa
voz para a infancia.
Será o sábado 12 de maio, no salón de actos da
Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
Contadas na súa voz,
contos,
Día das Letras Galegas,
poesía
luns, 16 de abril de 2018
Celebramos coa Biblioteca de Arteixo o Día do Libro, saíndo á rúa
A Rede de Bibliotecas de Arteixo celebra o Día do Libro e do
Dereito de Autora saíndo á rúa e agasallando ás persoas que por alí se acheguen
con libros para todas as idades, con tal motivo o persoal das bibliotecas
estará a pé de rúa. No Concello de Arteixo hai cinco bibliotecas, a
Central en Arteixo "Henrique Rabuñal”, a de Oseiro “Dora Vázquez”,
a de Froxel “Francisco Vidal”, a de Pastoriza "Miguel
Sande" e a de Meicende "Antón Castro", todas
levan nomes de xente da escrita nacida en Arteixo ou relacionada con esta vila.
Convidamos á cidadanía a que, como todos anos, encha as rúas de cultura. Nós por aí andaremos entre poemas, contos, igualdade, historias…
O 23 de abril de 1616, dous xigantes da literatura mundial morreron, dous precursores cuxa obra revolucionaría a forma en que se concibiu e escribiu a ficción: Cervantes e Shakespeare. Esta coincidencia é a razón pola cal o 23 de abril foi elixido como día mundial do libro e do dereito de autor. Cando celebramos libros, celebramos actividades -escribir, ler, traducir, publicar- que axudan ás persoas para elevarse e realizarse a si mesmas; e celebramos, dunha maneira fundamental, as liberdades que as fan posibles. Os libros atópanse na intersección dalgunhas das liberdades humanas máis esenciais, principalmente a liberdade de expresión e a liberdade de publicar. Estas son liberdades fráxiles. Ante moitos desafíos, desde o cuestionamiento do dereito de autor e a diversidade cultural ata as ameazas físicas sobre autoras, xornalistas e editoras en moitos países, estas liberdades tamén se negan, mesmo hoxe, cando as escolas son atacadas, e se destrúen manuscritos e libros.
O 23 de abril de 1616, dous xigantes da literatura mundial morreron, dous precursores cuxa obra revolucionaría a forma en que se concibiu e escribiu a ficción: Cervantes e Shakespeare. Esta coincidencia é a razón pola cal o 23 de abril foi elixido como día mundial do libro e do dereito de autor. Cando celebramos libros, celebramos actividades -escribir, ler, traducir, publicar- que axudan ás persoas para elevarse e realizarse a si mesmas; e celebramos, dunha maneira fundamental, as liberdades que as fan posibles. Os libros atópanse na intersección dalgunhas das liberdades humanas máis esenciais, principalmente a liberdade de expresión e a liberdade de publicar. Estas son liberdades fráxiles. Ante moitos desafíos, desde o cuestionamiento do dereito de autor e a diversidade cultural ata as ameazas físicas sobre autoras, xornalistas e editoras en moitos países, estas liberdades tamén se negan, mesmo hoxe, cando as escolas son atacadas, e se destrúen manuscritos e libros.
É o noso deber entón, en todo o mundo, protexer estas liberdades e promover a lectura e a escritura para combater o analfabetismo e a pobreza e fortalecer os cimentos da paz, así como protexer ás profesións e profesionais relacionadas coa publicación. A acción das editoras, merece o debido recoñecemento e protección, posto que o movemento de obras escritas é unha contribución esencial á liberdade de expresión, o debate público e o diálogo.
Xuntémonos para celebrar libros que incorporen a creatividade, permitan que as ideas e o coñecemento se compartan a través das fronteiras e fortalezan o entendemento mutuo e o diálogo. (Audrey Azoulay)
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
contos,
Contos e lendas populares,
Día do Libro,
igualdade,
poesía,
violencia de xénero
luns, 9 de abril de 2018
“Contadas na súa voz”, María Victoria Moreno no Día do Libro co alumnado de EEI de Vilarrodís
Seguimos rendendo homenaxe á nosa cultura, nesta
ocasión será a María Victoria Moreno, pioneira da literatura galega infantil, a
quen a Real Academia Galega dedicou este ano o Día das Letras Galegas.
Repasaremos a súa biografía e a súa obra. Serán historias contadas na súa voz e
coa palabra de Ana Hermida. Actividade organizada pola Rede de Bibliotecas de
Arteixo, que cada ano leva ao alumnado dos centros escolares ás diferentes
bibliotecas do concello para celebrar o Día do Libro.
Achegaremos a figura e obra de María Victoria Moreno
ao alumnado da Escola de Educación Infantil de Villarrodís, de Oseiro, concello
de Arteixo, será na Biblioteca Francisco Vidal, o luns 9 de abril en doble
sesión, a primeira comezará ás 11:00 h. e a segunda ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
Contadas na súa voz,
contos,
Día das Letras Galegas,
Día do Libro,
poesía
xoves, 5 de abril de 2018
Estivemos Contando en feminino en Ponteceso
As nenas e nenos do CPI Ponteceso asistiron a unha sesión de “Contando en feminino”,
contos para a igualdade e violencia de xénero. Ana Hermida estivo na Biblioteca
do Concello de Ponteceso, enclave moi fermoso da Costa da Morte, onde o alumnado foi
o protagonista, os seus comentarios, conclusións e preguntas son sempre
enriquecedoras, dan alento para seguir neste labor de concienciar desde a máis
tenra infancia, polo que seguiremos nesta loita silenciosa na que cremos
firmemente.
martes, 3 de abril de 2018
“Contadas na súa voz”, María Victoria Moreno no Día do Libro co alumnado de EI do Ceip de Galán, en Oseiro
Seguimos rendendo homenaxe á nosa cultura, nesta ocasión será a María Victoria
Moreno, pioneira da literatura galega infantil, a quen a Real Academia Galega dedicou
este ano o Día das Letras Galegas. Repasaremos a súa biografía e a súa obra.
Serán historias contadas na súa voz e coa palabra de Ana Hermida. Actividade
organizada pola Rede de Bibliotecas de Arteixo, que cada ano leva ao alumnado
dos centros escolares ás diferentes bibliotecas do concello para celebrar o Día
do Libro.
Achegaremos a figura e obra de María Victoria Moreno
ao alumnado de Educación Infantil do Ceip de Galán, será na Biblioteca Dora
Vázquez, o mércores 4 de abril en dúas sesións, ás 11:00 h. e ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
Contadas na súa voz,
contos,
Día do Libro,
poesía
mércores, 21 de marzo de 2018
“Contadas na súa voz”, homenaxe a Helena Villar Janeiro na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Rematamos o mes de marzo rendendo unha merecida e sentida homenaxe á Helena
Villar Janeiro, pioneira da literatura infantil en galego. A súa numerosa obra
está traducida a outras linguas, sendo unha figura destacada da cultura galega, tanto pola
súa dedicación á literatura como ao ensino. Repasaremos a súa biografía e
faremos, para a infancia, contadas na súa voz.
Será o sábado 31 de marzo, no salón de actos da
Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
Contadas na súa voz,
contos
martes, 20 de marzo de 2018
O Concello de Arteixo celebrou o Día de Rosalía co Certame de Poesía que leva o seu nome
O Día de Rosalía tivo lugar en Arteixo unha
homenaxe á nai das nosas letras, o acto central foi o Certame de Poesía
“Rosalía de Castro”. Este ano, na súa cuarta edición, foi un éxito de participación
e de público e estivo organizado, ao igual que en anos anteriores, pola
Concellería de Cultura de Arteixo en colaboración coa Rede Municipal de
Bibliotecas. Abriu o acto Ana Hermida, encargada de conducir
a gala, dando lectura ao Manifesto da Aelg que este ano redactou María
Reimóndez, seguidamente deron comezo os recitados dos poemas creados para a
ocasión polas nenas e nenos participantes, alí estaban co mellor sorriso e os
nervos acompañando o camiño. O respecto do público, os aplausos recibidos… todo
foi moi fermoso.
A continuación Ana Hermida fixo unha homenaxe a Rosalía con “Poesía é nome de muller”, os versos de Helena Villar Janeiro -a quen lle debemos que o Día de Rosalía sexa hoxe o que é- de Xohana Torres, de Filomena Dato… enchían o ambiente mentres o xurado deliberaba. Máis tarde a obra de Rosalía foi obxecto dunha lectura colectiva por parte das doce persoas participantes: Aldara, Aroa, Alejandra, Sara, David, Marcelo, Sofía, Claudia, Alba, Guillermo, Aldara e Adrián.
Tiña que gañar alguén, así o dicían as bases, foi David, alumno do Ceip Ponte dos Brozos, que cantou as fermosuras de Arteixo co seu poema “O meu pobo”, houbo ademáis un premio por cada categoría: Alejandra con “As estacións”, David con “O meu pobo” e Alba con “Chega a noite”, dos cursos 4º, 5º e 6º respectivamente. Anque en realidade o premio foi para esas doce persoas que coa súa ilusión e talento nos agasallaron coa súa obra, todas levaron como premio un diploma e un lote de libros envolto nun gran aplauso polo moito que nos fixeron disfrutar. David, o gañador absoluto, levou a maiores unha tablet. O xurado estaba composto por María Luísa, Graciela, Dores e Alfredo, que compoñen o clube de lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” e a entrega de premios correu a cargo de Alfredo Ferreiro, en representación do clube de lectura, José Luis Alonso Torreiro, director da Rede de Bibliotecas de Arteixo, Patricia Galán Gómez, directora do Ceip Ponte dos Brozos e Ana María Bello Vázquez, Concelleira de Cultura.
A continuación Ana Hermida fixo unha homenaxe a Rosalía con “Poesía é nome de muller”, os versos de Helena Villar Janeiro -a quen lle debemos que o Día de Rosalía sexa hoxe o que é- de Xohana Torres, de Filomena Dato… enchían o ambiente mentres o xurado deliberaba. Máis tarde a obra de Rosalía foi obxecto dunha lectura colectiva por parte das doce persoas participantes: Aldara, Aroa, Alejandra, Sara, David, Marcelo, Sofía, Claudia, Alba, Guillermo, Aldara e Adrián.
Tiña que gañar alguén, así o dicían as bases, foi David, alumno do Ceip Ponte dos Brozos, que cantou as fermosuras de Arteixo co seu poema “O meu pobo”, houbo ademáis un premio por cada categoría: Alejandra con “As estacións”, David con “O meu pobo” e Alba con “Chega a noite”, dos cursos 4º, 5º e 6º respectivamente. Anque en realidade o premio foi para esas doce persoas que coa súa ilusión e talento nos agasallaron coa súa obra, todas levaron como premio un diploma e un lote de libros envolto nun gran aplauso polo moito que nos fixeron disfrutar. David, o gañador absoluto, levou a maiores unha tablet. O xurado estaba composto por María Luísa, Graciela, Dores e Alfredo, que compoñen o clube de lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” e a entrega de premios correu a cargo de Alfredo Ferreiro, en representación do clube de lectura, José Luis Alonso Torreiro, director da Rede de Bibliotecas de Arteixo, Patricia Galán Gómez, directora do Ceip Ponte dos Brozos e Ana María Bello Vázquez, Concelleira de Cultura.
Quixera agradecer ao público -que enchía a sala-
a súa asistencia, ás nenas e nenos que participaron ese día e ao resto que
enviaron os seus traballos para o certame -este ano a participación foi
altísima-, ao profesorado dos centros educativos do Concello de Arteixo polo
seu apoio ao certame incentivando ao alumnado e por asistir ao acto –estiveron
con moita atención e orgullo disfrutando dos recitados do seu alumnado-, á Rede
de Bibliotecas de Arteixo pola organización deste acto e por último agradecer a
presencia e participación da Concelleira de Cultura, foi a única representante -dos
catro grupos políticos que teñen representación no Concello- que asistiu a
honrar a Rosalía de Castro e a disfrutar do talento infantil que temos en
Arteixo.
Agardo a edición do próximo ano, seguro que ao igual que nesta, público e participantes irán medrando, así como tamén o amor á poesía. Eu fago actividades por Galicia adiante en bibliotecas, colexios, teatros… pero cando estou na miña terra é algo moi especial, nacín e vivo en Arteixo, son arteixá e presumo da miña vila natal aló por onde vou. Eu tamén fun alumna do Ceip Ponte dos Brozos como a maioría das persoas que participaron neste certame, gardo bonitas lembranzas da miña etapa escolar, coñezo o seu alumnado –ao igual que ao doutros centros de ensino- cando asiste aos contos que lles levo ás cinco biblioteca deste concello, dentro da programación de fomento á lectura que organiza a Rede de Bibliotecas de Arteixo. Volvo daquela á miña etapa escolar e lembro as clases, os corredores, as amizades… fágoo coa imaxinación, nunca tiven oportunidade de contar nese espazo onde medrei entre libros, non os sigo nos centros escolares, si nas bibliotecas e sei do seu amor polos libros e tamén que van por un camiño axeitado. Parabéns Arteixo, grazas e ata o vindeiro ano.
Agardo a edición do próximo ano, seguro que ao igual que nesta, público e participantes irán medrando, así como tamén o amor á poesía. Eu fago actividades por Galicia adiante en bibliotecas, colexios, teatros… pero cando estou na miña terra é algo moi especial, nacín e vivo en Arteixo, son arteixá e presumo da miña vila natal aló por onde vou. Eu tamén fun alumna do Ceip Ponte dos Brozos como a maioría das persoas que participaron neste certame, gardo bonitas lembranzas da miña etapa escolar, coñezo o seu alumnado –ao igual que ao doutros centros de ensino- cando asiste aos contos que lles levo ás cinco biblioteca deste concello, dentro da programación de fomento á lectura que organiza a Rede de Bibliotecas de Arteixo. Volvo daquela á miña etapa escolar e lembro as clases, os corredores, as amizades… fágoo coa imaxinación, nunca tiven oportunidade de contar nese espazo onde medrei entre libros, non os sigo nos centros escolares, si nas bibliotecas e sei do seu amor polos libros e tamén que van por un camiño axeitado. Parabéns Arteixo, grazas e ata o vindeiro ano.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
poesía,
Poesía é nome de muller,
Rexurdimento,
Rosalía
mércores, 7 de marzo de 2018
Contamos “A historia en Feminino” en Pazos de Borbén no 8M
A sociedade civil desempeñou
desde sempre un papel esencial nos retos aos que se enfrontan as mulleres.
Debemos apoiar as voces da sociedade civil de mulleres, precesisamos unha nova
xeración de feminismo que poña fin á cultura da pobreza, os malos tratos, a
explotación… por motivos de xénero.
Ana Hermida viaxará ata a Comarca de Vigo e fará un achegamento ao público das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. O público será o alumnado da Eso do Ceip Curros Enríquez, actividade que organiza a Biblioteca de Pazos de Borbén.
Ana Hermida viaxará ata a Comarca de Vigo e fará un achegamento ao público das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. O público será o alumnado da Eso do Ceip Curros Enríquez, actividade que organiza a Biblioteca de Pazos de Borbén.
A cita será o venres 9 de marzo ás 13:00 h. no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.
venres, 2 de marzo de 2018
Mulleres no espello en Compostela
Estivemos
ofrecendo unha ollada a traves da escrita de varios autores sobre a
personalidade da muller: o amor, a vinganza, o erotismo, a paixón… Unha exploración
sobre a condición feminina e a súa loita continua por existir dunha maneira
digna e independente. Orbitamos ao redor da Muller nun enredo convocado
para gozar, compartir e sumar. Organizado por Os Catro Gatos en Compostela.
Estivemos en Bergondo na homenaxe a Filomena Dato con "Ningún lazo a suxeita"
Para sacar do esquecemento á escritora xurdiu
unha iniciativa de Rubén Aramburu, párroco de Bergondo, a Asociación Cultural
Irmáns Suárez Picallo e a Asociación Cultural Lisístrata, que teñen previsto
organizar diferentes actos, publicacións, etc. para achegar á cidadanía a obra
e figura da poeta nacida en Ourense e falecida en Moruxo (Bergondo).
O Concello de Bergondo organizou unha ofrenda floral a Filomena Dato “a
poeta das Mariñas”, abriu o acto Rubén Aramburu, que deu paso que a alcaldesa, Alejandra
Pérez, a continuación a obra de Filomena Dato "Ningún lazo a suxeita"
soaba na voz de Ana Hermida, despois a intervención musical das Gaiteiras de
Bergondo, rematando coa ofrenda floral no adro da igrexa de San Vicente de
Moruxo, onde están enterrados os seus restos mortais. Tamén estivo presente unha ampla representación da AC Suárez Picallo.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía
xoves, 1 de marzo de 2018
O Concello de Pazos de Borbén celebra o Día Internacional da Muller contando “A historia en Feminino”
A Biblioteca de Pazos de Borbén organiza esta
actividade onde Ana Hermida fará un achegamento ao mundo infantil das moitas e
sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia.
Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. O público será o alumnado de
primaria do Ceip Curros Enríquez e as persoas usuarias da Asociación Aspavi, dando
exemplo dunha total inclusión.
A cita será o
venres 9 de marzo ás 11:00 h. no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.
luns, 19 de febreiro de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Homenaxe a Rosalía de
Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende
amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en
día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias
súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha
Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller
interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar a
nai da nosa terra.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
xoves, 15 de febreiro de 2018
IV Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo
Este ano
celébrase a cuarta edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de
Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo
a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Será o broche de ouro a
unha serie de actividades coas que conmemoran o nacemento da escritora
padronesa. Haberá 12 nenas e nenos que recitarán a súa propia obra, de entre 8
e 12 anos, que levarán un agasallo pola súa partipación, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén
fará unha homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro, mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central
de Arteixo “Henrique Rabuñal”.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
poesía,
Poesía é nome de muller,
Rexurdimento,
Rosalía
mércores, 14 de febreiro de 2018
Homenaxe a Filomena Dato "a poeta das Mariñas" en Bergondo
O Concello de Bergondo organiza unha homenaxe a Filomena Dato, na que colabora a Real Academia Galega, a parroquia de San Vicente de Moruxo, A Asociación Irmáns Suárez Picallo e a Asociación Cultural Lisístrata.
Intervirá o párroco Rubén Aramburu, Francisco Pita, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, a poeta e editora Dores Tembrás, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez. Alumnado de 2º da ESO do CPI Cruz do Sar lerá poemas da escritora. Rematará o acto co descubrimento dunha escultura na honra de Filomena Dato asinada por Francisco Escuredo e coa interpretación do Himno galego a cargo de José Otero López.
O acto terá lugar o martes 26 de febreiro no camposanto de Moruxo, ás 11:15 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía,
Rag
martes, 13 de febreiro de 2018
Arteixo achega a figura de Rosalía ao alumnado do Ies Manuel Murguía con "Tecín soia a miña tea"
Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estará
co alumnado do Ies Manuel Murguía. Faremos un repaso pola súa biografía e pola
súa obra, haberá representación teatral, dramatización da súa obra e
participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional.
A actividade está organizada pola Concellería de
Cultura a través da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo para celebrar o Día
de Rosalía.
Serán dous días de encontro, 21 e 22 de febreiro,
cunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida e dona dunha obra de
inmensa valía. Dúas sesións diarias na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique
Rabuñal”, a primeira comezará ás 11:00 h. e a seguinte ás 13:00 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
luns, 12 de febreiro de 2018
Día de Rosalía en Arteixo
A Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a
través de Rede Municipal de Bibliotecas, celebra o Día de Rosalía cunha serie
de actividades para honrar á nai das nosas letras.
O primeiro dos actos
ten como protagonista ao alumnado da Eso do Ies Manuel Murguía que asistirá á representación
da obra “Tecín soia a miña tea”, dramatizacións da obra Rosaliana e que correrá a cargo da actriz Ana Hermida. Terá lugar os días 21 e 22 e dará comezo ás
11:00 h.
O acto central será o “Concurso
de poesía Homenaxe a Rosalía de Castro” que este ano xa vai pola cuarta edición.
Está dirixido á infancia de entre 8 a 12 anos, que recitarán os seus propios
poemas. Cada participante levará un agasallo, haberá ademáis un premio por cada
unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana
Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén se encargará de facer unha
homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro mentres delibera o xurado
composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique
Rabuñal”.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
poesía,
Poesía é nome de muller,
Rexurdimento,
Rosalía
venres, 9 de febreiro de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía en Pazos de Borbén
O Concello de
Pazos de Borbén celebra o Día de Rosalía coa obra "Tecín soia a miña
tea", onde Ana Hermida fará dramatizacións de poemas da nai das nosas
letras. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que
ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller,
da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e
non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa,
dura. Unha muller interpretando a outra muller.
Será o martes 20 de febreiro ás 13:00 h. no Auditorio do Concello. Está organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén e dirixido ao alumnado de 1º a 4ª da Eso do CPI Curros Enríquez e da Asociación Aspavi.
Será o martes 20 de febreiro ás 13:00 h. no Auditorio do Concello. Está organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén e dirixido ao alumnado de 1º a 4ª da Eso do CPI Curros Enríquez e da Asociación Aspavi.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
colexios,
Pazos de Borbén,
poesía,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
xoves, 8 de febreiro de 2018
“O Voitre e a Pomba”, a palabra para combater a violencia de xénero
O público
adolescente reacciona sempre do mesmo xeito ante o que percibe, os comentarios
do coloquio posterior tamén son sempre semellantes, é un aliciente enorme que
nos anima a seguir por este camiño. Nin xogos, nin risas, precisan algo
contundente que o faga reflexionar, pensar e percibir que é algo real, non se
trata dun xogo. Os textos son duros, impactantes e moi necesarios, así o
cremos, por eso existe O Voitre e a Pomba.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)