Amosando publicacións coa etiqueta Oleiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oleiros. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de febreiro de 2018

“O Voitre e a Pomba”, a palabra para combater a violencia de xénero

O público adolescente reacciona sempre do mesmo xeito ante o que percibe, os comentarios do coloquio posterior tamén son sempre semellantes, é un aliciente enorme que nos anima a seguir por este camiño. Nin xogos, nin risas, precisan algo contundente que o faga reflexionar, pensar e percibir que é algo real, non se trata dun xogo. Os textos son duros, impactantes e moi necesarios, así o cremos, por eso existe O Voitre e a Pomba.

xoves, 9 de marzo de 2017

O Voitre e a Pomba, a forza da palabra contra o terrorismo machista, en Oleiros

Estivemos no Concello de Oleiros concienciando na igualdade e violencia de xénero ao alumnado do Ies Miraflores. Enriba do escenario estaba a mellor arma, a palabra, actor e actriz dándolle vida a textos duros de mulleres e homes, textos que que fan remexer conciencias. Santiago Fernández e Ana Hermida, antes de converternos en personaxes, sempre facemos unha lectura do manifesto contra a violencia de xénero, momento que recolle a foto, a continuación vai a representación e para rematar o debate. O que pretendemos é facer reflexionar, crear conciencia colectiva e persoal sobre a igualdade e violencia de xénero, cando rematamos e o público adolescente se achega a facernos comentarios sobre o que viviron, parece que o obxectivo está cumprido. A actividade estivo organizada pola Anpa Miguel Hernández, á que agradecemos o seu compromiso coa igualdade e a cultura, grazas tamén ás persoas responsables do Instituto e ao público adolescente polo seu comportamento exemplar.

martes, 1 de novembro de 2016

O Voitre e a Pomba, verbas contra a violencia de xénero en Oleiros

O alumnado do IES Miraflores asistirá a un espectáculo dirixido por Santiago Fernández, onde poesía e teatro se dan cita para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta pandemia. Ana Hermida e Santiago Fernández subirán ao escenario para ofrecerlles un espectáculo que pretende amosar a crueza da violencia de xénero, procurar que a adolescencia adquira un compromiso, a súa implicación e sexa consciente da brutal e inxusta realidade. 

Será o venres 4 de novembro ás 11:20 h. no auditorio do Ies Miraflores do Concello de Oleiros.

venres, 18 de abril de 2014

Así estivemos en Oleiros Contando en feminino

Para conmemorar o Día da Muller, as bibliotecas de Oleiros organizaron un mes cheo de actos, entre os cales estaba a sesión de Contando en feminino, contos sobre a igualdade de xénero.

As nenas e nenos de Santa Cruz responderon debidamente ao que se lles propuxo. Amosaron moito interese, colaboraron, riron, e... por suposto concienciáronse, entre conto e conto, en temas de igualdade. Entenderon que hai cousas que non se deben facer nin consentir. Ao final obtiven o compromiso de todas e todos eles.

Xa vedes as idades dalgunha das persoas do público, aí estaba Ana Hermida atendendo e aclarando todas as súas dúbidas.

sábado, 15 de marzo de 2014

Contando en feminino na biblioteca municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, Oleiros

O lugar non pode ser máis idóneo, a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, en Santa Cruz. 

O mércores 19, Ana Hermida estará tentando concienciar ao público infantil en temas de igualdade de xénero. A través dos contos e case sen darse conta, xogando e divertíndose, ese público marabilloso é quen de razoar e dar respostas a cuestións que se plantean e que resolven acertadamente.

Esta actividade está encadrada dentro dun amplo programa que o Concello de Oleiros preparou para este mes con motivo do Día Internacional da Muller, que tivo lugar o pasado día 8.

A cita cos contos e con todas as nenas e nenos será ás 18:30 h. na biblioteca.

Así anuncia o Concello de Oleiros a nosa actividade Contando en feminino

Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Muller, as Bibliotecas de Oleiros desenvolverán un amplo programa de actividades. Dentro desas actividades está Contando en feminino, que chegará á Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz o día 19 ás 18:30 h. Aí estará Ana Hermida contando contos  dende a perspectiva de xénero e igualdade.

Para máis información desta actividade e de todo o programa, premede no enlace DÍA DA MULLER NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE OLEIROS