A
palabra adquire unha gran dimensión enriba das táboas dun escenario, a
adolescencia reacciona sempre igual, eso é o que se pretende, amosar a crueza
da violencia de xénero, facer que tomen conciencia, a súa implicación, tentar
que adquiran un compromiso e sexan conscientes da brutal e inxusta realidade. Dramatizacións que poñen un nó
na gorxa para remexer conciencias. Así é O Voitre e a Pomba, o
medio que utilizamos para tal fin.
martes, 26 de abril de 2016
Diario de Ferrol recolle a nosa actividade "A historia en Feminino"
O
Auditorio da Casa da Cultura foi o escenario onde Ana Hermida levou ao alumnado
do CPI San Sadurniño “A historia en Feminino”. Así o recolle o xornal galego Diario de Ferrol.
Contando en feminino na Escola de Educación Infantil de Barrionovo
Contar para un público de entre 3 e 6 anos é moi
agradecido xa que comprobo que non teñen prexuízos e asimilan todo o que lles amoso con toda naturalidade. Tal e como se aprecia na
foto, non tiveron ningún problema en asumir as tarefas domésticas, como lavar a
roupa, tanto nenas coma nenos, aínda non teñen estereotipos, polo que, na miña
humilde opinión, aí é onde hai que incidir e concienciar na igualdade, desde a tenra
infancia, guiar o camiño
que percorrerán ao longo da vida sen os roles de xénero que establecen as
persoas adultas. Sei que cando medren estarán comprometidos coa igualdade e non
violencia de xénero.
Etiquetas:
25N,
Ana Hermida,
Arteixo,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
Día da Violencia de Xénero,
EEI,
igualdade,
violencia de xénero
luns, 25 de abril de 2016
Fabulando na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
As fábulas son historias onde os protagonistas
son animais e obxectos con características humanas. Con máis de dous mil anos
de antigüidade, aínda hoxe son utilizadas para dar consellos e pautas a seguir,
principalmente á infancia. Ante o público desfilarán historias para estimular a
imaxinación de nenas e nenos, saber resolver problemas e superar dificultades.
Será o sábado 30 de abril, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
Será o sábado 30 de abril, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Fabulando
Rimando e Xogando con Rosalía e Manuel María en Arteixo
Ana Hermida volve
render homenaxe á poesía galega, desta vez poñendo voz e alma á obra de Rosalía
de Castro e Manuel María. Será tamén unha homenaxe multicultural á poesía nosa,
xa que nenas e nenos de varias nacionalidades recitarán a Rosalía nun acto moi
fermoso que xa vai polo súa segunda edición e no que escoitaremos os versos
fermosos da nai das nosas letras con acentos doutras terras, pero en galego. Comprobo ano tras ano, cando fago este tipo de
actividade, que infancia e poesía van xuntas da man, é unha maneira humilde de contribuír ao espallamento da lingua e
cultura galega e a poñer en valor ás mulleres e homes poetas de Galicia, tentar
que a infancia se achegue con cariño á poesía e fomentar as lecturas de noso.
Este ano celébrase
a segunda edición do concurso de recitado de poesía “Cantares Gallegos” dirixido
á infancia de entre 8 e 12 anos, acto organizado polas Bibliotecas do Concello
de Arteixo como colofón a unha serie de actividades coas que conmemoran o mes
do libro. Ana Hermida será tamén a encargada de conducir o acto, onde cada
participante levará un agasallo e a persoa premiada recibirá unha tablet.
A homenaxe á poesía galega será o martes 26, na Sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 18:15 h. O acto está dirixido a todo tipo de público e a entrada é libre e gratuíta.
A homenaxe á poesía galega será o martes 26, na Sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 18:15 h. O acto está dirixido a todo tipo de público e a entrada é libre e gratuíta.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
poesía,
Rimando e Xogando,
Rosalía
venres, 22 de abril de 2016
"Non che teño medo" na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Nesta actividade o que se
pretende é que a infancia venza os seus propios medos, para eso os contos son
un elemento esencial, as historias que lles contamos e a súa implicación son
fundamentais para que así sexa. Como se aprecia na foto, o público infantil
da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago non tivo medo e quedoulle moi claro
que os monstros habitan na imaxinación de cada persoa e que, nenas e nenos, teñen
o poder absoluto sobre bruxas, ogros, xigantes, monstros... tanto, que ata poden facerse amigos e xogar con eles como fixeron esa mañá de sábado na biblioteca.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Non che teño medo
martes, 19 de abril de 2016
"Rimando e Xogando con Manuel María" no xornal El Ideal Gallego
O xornal El Ideal Gallego faise eco da homenaxe a
Manuel María que Ana Hermida fará na Biblioteca Francisco Vidal do Froxel, na
parroquia arteixá de Oseiro.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Día das Letras Galegas,
Día do Libro,
homenaxes,
poesía,
prensa,
Rimando e Xogando
luns, 18 de abril de 2016
O Concello de Santiago de Compostela inclúe "Contando en feminino" na súa programación infantil de primavera
O Concello de Santiago de Compostela ten
preparada unha completa programación infantil para a primavera, ao abeiro do
proxecto Apego. Con tal motivo o Concello unificou todas as súas propostas para as nenos e nenas nunha única
programación na que participaron varios departamentos municipais,
como Lingua, Turismo, Cultura, Centros Socioculturais ou Convivencia. Tamén se
incluíron propostas da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais,
Martiño Noriega incidiu en que a programación chegará a todo o termo municipal,
a través dos centros socioculturais do ámbito urbano e dos locais das parroquias
do rural.
No mes de xuño, o día 4 ás 18:00 h., Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, estará Contando en feminino no CSC de Santa Marta. Serán historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Etiquetas:
Ana Hermida,
apego,
Compostela,
Contando en feminino,
contos,
CSC,
igualdade,
violencia de xénero
xoves, 14 de abril de 2016
Rimando e Xogando con Manuel María na Biblioteca do Froxel
No
mes do libro rendemos homenaxe a Manuel María, neste seu ano das Letras
Galegas. O autor chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas,
cancións... Unha maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa
figura que estará nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11
anos que por alí se acheguen. Teremos pequenos xoguetes poéticos cheos de
entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con
actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.
A cita coa poesía será o martes 19 de abril na Biblioteca Francisco Vidal do Froxel (Oseiro), ás 18:50 h.
A cita coa poesía será o martes 19 de abril na Biblioteca Francisco Vidal do Froxel (Oseiro), ás 18:50 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Día das Letras Galegas,
homenaxes,
poesía,
Rimando e Xogando
Contamos A historia en Feminino na Biblioteca de Pastoriza
É
moi gratificante comprobar que o público infantil volve sorprenderse unha e
outra vez ante as marabillosas mulleres cando as coñecen e saben dos seus
logros, da súa valentía, intelixencia. Sei, porque o comprobo día tras día, que
hai un antes e un despois, é o que pretendo, dar a coñecer unhas persoas
borradas dos libros, dos medios, da historia, polo simple feito de ser mulleres,
pretendo fomentar o interese e que sigan por ese camino. Eu non o vexo como
algo puntual e de datas concretas no calendario, é algo de todos os días e que
debe facerse por convicción, por compromiso. Hai quen non o ve así e actúa
ofrecendo a igualdade e violencia de xénero como un produto, na miña humilde
opinión ese tipo de comportamentos fan un dano irreparable, como tamén o é que
non se controle quen, que e como se fan determinadas actividades, a esas idades
o que reciben e asimilan pode marcar a diferencia.
mércores, 13 de abril de 2016
O día que estivemos Contando en feminino en Ponteareas
Viaxamos
ata o Concello de Ponteareas para tentar concienciar na igualdade e violencia
de xénero ao alumnado do Ceip Santiago de Oliveira, foi na ALM Trovador Xoan
García de Guillade e ata alí se achegaron as nenas e nenos, baixaron do autobús
e comezaron as historias nas que o alumnado tivo un papel moi activo. Foi unha mañá tan
especial que estivemos, case sen darnos conta, hora e media entre contos, debates e conversas. Cando
marcharon levaban aínda o sorriso nos ollos, eu levei, e aínda gardo, as sensacións vividas, a
súa imaxe e todo o que me contaron.
martes, 12 de abril de 2016
Viana do Bolo celebrou o Día da Muller "Contando en Feminino"
O Concello de Viana do Bolo celebrou o Día da Muller Contando en feminino,
actividade que organizou o Cim Viana e que se celebrou no auditorio do Concello ante un público de todas as idades. Sempre agradezo compartir
historias e tentar concienciar na igualdade e violencia de xénero tanto á
infancia como ás persoas adultas. A viaxe foi moi fermosa ao contemplar as marabillas
que a nosa terra nos ofrece, logo deulle aínda máis valor o compartir momentos ante
un público que case nin se percibía desde o escenario, debido á súa idade, pero que sempre ofrece a sensatez da inocencia, máis tarde volver
disfrutando doutra paisaxe diferente… en definitiva un día repleto de
emocións.
Etiquetas:
8M,
Ana Hermida,
Cim,
Contando en feminino,
contos,
Día da Muller,
igualdade,
Ler conta moito,
Viana do Bolo,
violencia de xénero
Facemos as paces? e o público infantil da Biblioteca Ánxel Casal dixo...si
Era o sábado de antroido e as nenas e nenos estaban en boa disposición, co seu disfraz, para escoitar os contos no salón de actos da biblioteca que, ese día, tiñan a temática da paz. O mundo tería que estar gobernado por eses seres tan inocentes e as xentes que se dedican á política deberían asistir a este tipo de actividades, comprenderían o importantes que son
e aprenderían moito da infancia. Ante os contos que desfilaron ese día,
tiraron as súas propias conclusións, non entendían o porque das guerras, as
persoas refuxiadas… chegaron a dicirme que os países non existían, que o mundo
era de todas as persoas... Que gran lección nos ofrecen! Como se aprecia na foto, nenas e nenos quedaron engaiolados coas ilustracións tan fermosas da artista Inma Doval.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)