


A
Escola de Teatro Lisístrata, nace co fin que fagas teatro, ames o teatro e
aprendas a desfrutar das obras de teatro ás que asistas e as mires doutra
forma. Que é teatro? Según a Real Academia Galega “Arte de representar
en público obras dramáticas, xeralmente por uns actores/unhas actrices que
actúan no escenario”.
Moitos son os beneficios que aporta facer teatro, desde a infancia ata as persoas de idade moi avanzada: mellora
a axilidade mental, axuda a vencer a timidez, fomenta a creatividade, aumenta a
empatía, fomenta o mundo das emocións, mellora o desenvolvemento persoal, axuda
a relacionarse con outras persoas, favorece a memoria e a psicomotricidade
(especialmente nas persoas de idade avanzada), amplía a linguaxe de cada
persoa, descubre un novo entorno...
Traballaremos a voz, o corpo, a arte de interpretar, comprensión textual, etc. Teremos cursos anuais e obradoiros dun tempo determinado. Sempre co fin de gozar da arte dramática e expoñer trimestralmente o aprendido ante o público. As clases son para todas as idades: infancia, adolescencia, persoas adultas e de idade avanzada. O noso é un teatro interxeracional, interracial, multicultural, inclusivo e diverso, tal como é a nosa terra arteixá. A profesora é Diplomada en Arte Dramática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario