martes, 26 de febreiro de 2019
Audiohistorias, homenaxe a Antón Fraguas na Biblioteca de Meicende
Inventaremos personaxes que habiten mundos
imaxinarios e ambientaremos historias que contaremos en público, como no
teatro, aprendendo o valor de escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz
paisaxes sonoras, obras de ficción, poemas… e que o público poida velas cos
ollos pechados. Usaremos: expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para
enriquecer e adornar as nosas audiohistorias, que nesta ocasión renden homenaxe a Antón Fraguas, a quen a Rag lle dedica o Día das Letras Galegas 2019.
luns, 25 de febreiro de 2019
Convocatoria do I Premio de Oratoria "Filomena Dato"
Convócase o I PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO” para alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano é a "Sororidade".
A inscrición farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar na páxina da organización convocante http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html. O deseño e ilustración é obra do artista gráfico: Iván del Río.
domingo, 24 de febreiro de 2019
"Tecín soia a miña tea", homenaxe a Rosalía de Castro
domingo, 17 de febreiro de 2019
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Acto central do Día de Rosalía no Concello de Arteixo
V Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo
Arteixo achega a figura de Rosalía ao alumnado do Ies Manuel Murguía con "Tecín soia a miña tea"
domingo, 10 de febreiro de 2019
Celebramos o 11F contando "A historia en Feminino" na Biblioteca Ánxel Casal
Será o luns 11 de febreiro no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 18:30 h. con entrada libre e gratuíta ata completar aforamento.