Amosando publicacións coa etiqueta Día da Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Terra. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de abril de 2022

"Contos moi naturais" en Pastoriza para conmemorar o Día da Terra

Conmemoramos o Día Internacional da Nai Terra contando historias para defender o medio ambiente e loitar contra o cambio climático. Debemos facer as paces coa Natureza, a Terra estanos a pedir que actuemos, polo que Ana Hermida estará contando para o público infantil e concienciando na importancia de coidar e respectar o noso hábitat.

A cita cos contos e o Medio Ambiente será o mércores 27 de abril ás 18:30 h., na Biblioteca de Pastoriza "Miguel Sande".