Ana
Hermida viaxará ao Concello de Esgos, na Comarca de Ourense e Ribeira Sacra,
para contar historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde
o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde
o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre
coas mesmas identidades. Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso
infantil e a violencia de xénero. Xogando e contando, apréndese a formar en
igualdade.
mércores, 31 de xullo de 2019
“Contando en feminino” no Concello de Esgos
Etiquetas:
abuso infantil,
Ana Hermida,
campamento,
Contando en feminino,
contos,
Esgos,
feminismo,
igualdade,
violencia de xénero
domingo, 14 de xullo de 2019
Bergondo conmemora o cabodano de Rosalía de Castro con "Tecín soia a miña tea"
Ana Hermida fará unha homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización
dos seus poemas nun espectáculo que pretende amosar unha Rosalía actual, como os
temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa
da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería
ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras
reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro,
e algunha canción para honrar a nai da nosa terra no seu 134 cabodano. Actividade
organizada polo activista cultural e párroco de Bergondo, Rubén Aramburu.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
homenaxes,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)