venres, 10 de marzo de 2023

"Feministorias" unha cita para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller" en Arteixo

A infancia coñecerá, dun xeito divertido e ameno, a historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Nenas e nenos tenden a sentirse protagonistas das historias, polo que lles achegaremos referentes moi coidados e mediante contos, curiosidades e xogos repasaremos os logros e a evolución do feminismo ata os nosos días. Porque o feminismo tamén pode ser divertido.

A cita da infancia co feminismo será o mércores 15 de marzo ás 18:30 h. na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”, na parroquia arteixá de Pastoriza.

venres, 3 de marzo de 2023

“A historia en Feminino”, a visibilización das mulleres ao longo da historia, chega a Fisterra para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller"

Viaxamos ata o fin da terra, ao Concello de Fisterra, que dá nome á comarca, para contar "A historia en Feminino”, alí Ana Hermida fará un achegamento ao alumnado do Ceip Mar de Fóra das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Anpa Atalaia para que o alumnado celebre o fin de curso en igualdade.

Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos visibilizando mulleres borradas da historia no colexio fisterrán, para os grupos de infantil e primaria, o mércores 08 de marzo ás 11:30 h.

xoves, 2 de marzo de 2023

"Contando en feminino" en Santa Comba no 8M "Día Internacional da Muller"

O Concello de Santa Comba, na comarca do Xallas conmemora o 8M "Día Internacional da Muller”, con varias actividades, entre elas “Contando en Feminino” onde Ana Hermida contará historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, para concienciar contra a violencia de xénero e o abuso infantil.

Será o mércores 08 de marzo ás 18:00 h. na Biblioteca Pública Municipal, situada na Casa da Cultura do Concello de Santa Comba.

sábado, 25 de febreiro de 2023

Acto Central do "Día de Rosalía" no Concello de Arteixo

Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12 anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e tamén fará unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.

Mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller presta a súa voz ás escritoras homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou, e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida

Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento. Convidamos a toda a cidadanía arteixá a participar da Festa Rosaliana.

martes, 21 de febreiro de 2023

"Palabra de Muller", homenaxe ás escritoras, en Arteixo

Faremos un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas… Autoras representativas da realidade do seu tempo ás que tratamos de honrar con "Palabra de muller", un recital onde unha muller presta a súa voz ás homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou. Por suposto, Rosalía de Castro, terá o seu protagonismo neste espectáculo, para homenaxeala con moito sentimento.

venres, 17 de febreiro de 2023

VIII Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo

Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12 anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.

Mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller presta a súa voz ás homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida

Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

mércores, 8 de febreiro de 2023

"A Memoria é unha dama" no Concello e Arteixo

Espectáculo para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Unha soa actriz dará voz a todas elas, ás heroínas, esquecidas inxustamente, que lembraremos coa forza da palabra enriba do escenario. Teatro, poemas, cancións… varias disciplinas servirán para darlle voz ás que lles roubaron as palabras, lembrar episodios e reflexionar para que non se volvan repetir. 

luns, 16 de xaneiro de 2023

“Contadas na súa voz” homenaxe a Rosalía de Castro na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela

Celebramos o Día de Rosalía cunha sentida homenaxe á escritora compostelá, símbolo do pobo galego. Repasaremos a súa obra e biografía, tamén haberá poesías, cancións e historias marabillosas.

Xunto coa homenaxe a Rosalía de Castro, celebraremos tamén o Día da lingua materna e Cen anos sen Murguía. Será o sábado 25 de febreiro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.


domingo, 8 de xaneiro de 2023

Nace o I Premio Cronista "Vasco da Ponte"

Proximamante publicaremos as bases do I Premio Cronista "Vasco da Ponte", o máximo expoñente das crónicas baixomedievais de Galicia. Ademais de ser un dos fillos ilustres do nosa terra arteixá, inxustamente esquecido e ignorado neste concello de Arteixo. Nace pois este premio para honrar a súa memoria e dignificar a quen durante moitos anos de estudo/investigación foron e son cronistas da nosa historia.