Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Murguía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Murguía. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de febreiro de 2025

Día de Rosalía en Arteixo

O día 23 de febreiro ás 13:00 h. no entorno do CCC de Arteixo "Manuel Murguía" e diante da Filla da "Figueira de Rosalía", celebraremos á Nai das nosas letras cun sinxelo acto, onde a veciñanza será a protagonista. Saúde e Terra!

Achégate e fai unha lectura da súa obra, podes traer ti o texto ou elixir entre os que nós teremos para que elixas. O acto dará comezo con Ana Hermida que dará lectura ao manifesto da AELG elaborado este ano por Marga do Val, para continuar coas lecturas da obra rosaliana por parte de todas aquelas persoas que queiran participar. 

sábado, 25 de febreiro de 2023

Acto Central do "Día de Rosalía" no Concello de Arteixo

Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12 anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e tamén fará unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.

Mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller presta a súa voz ás escritoras homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou, e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida.

Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. Convidamos a toda a cidadanía arteixá a participar da Festa Rosaliana.

martes, 21 de febreiro de 2023

"Palabra de Muller", homenaxe ás escritoras, en Arteixo

Ana Hermida fará un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas… Autoras representativas da realidade do seu tempo ás que tratamos de honrar con "Palabra de muller", un recital onde unha muller presta a súa voz ás homenaxeadas para darlles o lugar que a historia lles negou. Por suposto, Rosalía de Castro, terá o seu protagonismo neste espectáculo, para homenaxeala con moito sentimento.

Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

venres, 17 de febreiro de 2023

VIII Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo

Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12 anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.

Mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller presta a súa voz ás homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida.

Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

mércores, 8 de febreiro de 2023

"A Memoria é unha dama" no Concello e Arteixo

Espectáculo para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Unha soa actriz dará voz a todas elas, ás heroínas, esquecidas inxustamente, que lembraremos coa forza da palabra enriba do escenario. Teatro, poemas, cancións… varias disciplinas servirán para darlle voz ás que lles roubaron as palabras, lembrar episodios e reflexionar para que non se volvan repetir. 

luns, 16 de xaneiro de 2023

“Contadas na súa voz” homenaxe a Rosalía de Castro na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela

Celebramos o Día de Rosalía cunha sentida homenaxe á escritora compostelá, símbolo do pobo galego. Repasaremos a súa obra e biografía, tamén haberá poesías, cancións e historias marabillosas.

Xunto coa homenaxe a Rosalía de Castro, celebraremos tamén o Día da lingua materna e Cen anos sen Murguía. Será o sábado 25 de febreiro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.