Amosando publicacións coa etiqueta Sen etiquetas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sen etiquetas. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de novembro de 2021

Historias “Sen etiquetas” no Ceip de Caión para conmemorar o 25N

Viaxaremos ao Concello da Laracha, pertencente á Comarca de Bergantiños, concretamente á vila costeira de Caión, para contar ao alumnado historias para aprender a aceptar, respectar e comprender a identidade de cada persoa e amosar todos os afectos posibles entre os seres humanos, así como poñer ao seu alcance a diversidade de familias, todas elas válidas. A través dos contos tentamos visibilizar unha realidade e sensibilizar á infancia para que medre na tolerancia e respecto.

Será o xoves 25 de novembro, na biblioteca do Ceip de Caión, ás 09:45 h. 

luns, 24 de abril de 2017

Contamos historias “Sen etiquetas” ao alumnado da EEI de Meicende para celebrar o Día do Libro

Contaremos ás nenas e nenos historias para que aprendan a aceptar, respectar e comprender a identidade de cada persoa e amosar todos os afectos posibles entre os seres humanos, poñer ao seu alcance a diversidade de familias, todas elas válidas. A través dos contos tentamos visibilizar unha realidade e que a infancia medre na tolerancia e respecto. Celebramos por adiantado o Día Internacional contra la LGTBfobia (IDAHO), que é o 17 de maio e que ten como obxectivo promover accións de sensibilización en todos os países do mundo desde que a OMS elimara a homosexualidade feminina e masculina da lista de enfermidades mentais, anque a día de hoxe a transexualidade é aínda parte dos manuais de psiquiatría.

O alumnado da Escola de Educación Infantil de Meicende celebrará deste xeito o Día do Libro, na Biblioteca Antón Castro, o xoves 27 de abril ás 10:00 h. e 11:00 h.

martes, 17 de maio de 2016

Celebramos o Día Internacional contra a Lgtbfobia contando "Sen etiquetas" na Biblioteca Ánxel Casal

Estivemos celebrando este 17 de maio, Día Internacional contra la LGTBfobia (IDAHO), coas nenas e nenos que asistiron á Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, falamos dos distintos tipos de familias existentes, todos eles válidos, xogamos a formar a nosa propia familia, tamén válida, contamos historias de diversos afectos entre seres humanos, todos eles válidos tamén. Varias nenas e nenos contáronme que tamén coñecían familias semellantes ás das historias que lles contei, seguro que medrarán na tolerancia e respecto, polo que debo e quero felicitar ao entorno familiar no que están, ese día na biblioteca a maioría eran pais, parabéns polo seu compromiso e exemplo, grazas tamén á biblioteca que, coma sempre, permite achegar determinadas historias que noutros lugares sería imposible. 

xoves, 5 de maio de 2016

Historias “Sen etiquetas” na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

Contaremos ás nenas e nenos historias para que aprendan a aceptar, respectar e comprender a identidade de cada persoa e amosar todos os afectos posibles entre os seres humanos, poñer ao seu alcance a diversidade de familias, todas elas válidas. A través dos contos tentamos visibilizar unha realidade e que a infancia medre na tolerancia e respecto. Celebramos así o 17 de maio, Día Internacional contra la LGTBfobia (IDAHO), que ten como obxectivo promover accións de sensibilización en todos os países do mundo desde que hai 26 anos a OMS elimara a homosexualidade feminina e masculina da lista de enfermidades mentais, anque a día de hoxe a transexualidade é aínda parte dos manuais de psiquiatría.

Será o sábado 7 de maio, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.