CONTANDO EN FEMININO
Historias
contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa,
non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar
e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso infantil e a
violencia de xénero. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
RIMANDO E XOGANDO
Un achegamento ao mundo dos poemas para o público
infantil. Neste espectáculo contamos historias en verso, historias de risa, de
medo, da natureza, de xogos, da fala, cantares de cego… historias e versos que
ás veces tamén son cantados, historias unhas, con actividades para nenas e
nenos e outras nas que interactúan coa contadora. Poemas axeitados á súa idade
e que entenden perfectamente, pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento
e diversión, desta maneira ese público tan especial sentirase atraído polos
versos.
CONTOS E LENDAS POPULARES
Espectáculo para o público infantil, baseado en contos,
lendas... historias tradicionais e populares que fagan coñecer e entender
moitas cousas as nenas e nenos. Os porqués, os encantos, historias de trasnos,
de feitizos... tamén de temas históricos e de cabaleiros. Historias e lendas
tradicionais con cancións populares para a infancia.
CONTOS MOI NATURAIS
Contos enfocados a por en valor a natureza, a defensa do
medio ambiente, contos que falan de contaminación, de incendios, do amor a
natureza, aos animais… somos parte da natureza, somos naturais coma as árbores,
a auga, os paxaros… xogando e contando, defendemos e concienciamos da
importancia do noso hábitar, para así poder respectalo e coidalo
debidamente.
A HISTORIA EN FEMININO
Achegamento ás
moitas, sobresaíntes e descoñecidas mulleres invisibilizadas ao longo da
historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras,
músicas, deportistas… todas teñen cabida nesta historia en Feminino. A través
de contos, curiosidades e xogos, visibilizamos mulleres, achegamos referentes
para apoderalas e que teñan unha visión real da historia.
MITOLOXÍA PARA XENTE MIÚDA
Historias de aventuras sobrehumanas de heroes lendarios,
de deuses que dominaban a terra, contos cheos de fantasía. Mitos fantásticos de
todo o mundo que chegaron ata os nosos días para que o público infantil medre
coa fantasía dese mundo máxico que serviu aos nosos antigos para buscar
explicacións ao descoñecido.
POLO MUNDO ADIANTE
Dende tempos moi remotos se teñen contado historias en
todos os países do mundo. Viaxamos polos cinco continentes para contar
historias de fadas, da natureza, de seres mariños, de adiviñas, de misterio, de
risa… Contos, cancións e xogos populares que servirán para coñecer mellor a
cultura e os costumes de cada país.
O MUNDO DOS NÚMEROS
O mundo dos números non é tan diferente do mundo dos
seres humanos. Os números teñen vida propia. Todo cabe todo nestas historias
tan divertidas como sorprendentes, hai números envexosos, xenerosos, familias
de números moi peculiares, números que veñen doutros países… Non imos contar
con eles, imos contar historias de todos eles.
FACEMOS AS PACES?
Contos para que a infancia medre nos valores da paz e non
violencia, historias nas que está presente a resolución de conflitos e o
respecto entre as xentes e os pobos do mundo. A través das diferentes historias
de castelos, exércitos, animais… nenas e nenos coñecerán valores tan importantes
como a paz, a solidariedade, a amizade…
HISTORIAS DE ÁFRICA
Os contos non coñecen de fronteiras, atravesan todos os
países de África para traernos historias que falan de astucia, de enfrontamentos
entre homes e seres fabulosos, de xustiza, de xenerosidade, contos que falan do
papel da muller, que fan burla da estupidez… contos con mensaxe e sempre
marabillosos, que nos farán coñecer mellor a alma do continente africano.
UN NADAL CHEO DE CONTOS
Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos
feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que
falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras
sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de
cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
PICARADAS
E LOGO POR QUE?
ORIENTE MÁXICO
Os libros a estas idades son pequenos xoguetes que axudan
a estimular os sentidos, espertar a imaxinación e recoñecer o seu pequeno
mundo. Son persoas observadoras, imaxinativas e moi selectivas. Durante media
hora teremos cancións, xogos, rimas… e historias para procurar que se acheguen
ao mundo dos libros e ás súas primeiras lecturas.
SEN ETIQUETAS
Contaremos ás nenas e nenos historias para que aprendan a aceptar,
respectar e comprender a identidade de cada persoa e amosar todos os afectos
posibles entre os seres humanos, poñer ao seu alcance a diversidade de
familias, todas elas válidas. A través dos contos tentamos visibilizar unha
realidade e que a infancia medre na tolerancia e respecto.
TODO O MUNDO É NOSO
Achegaremos
á infancia historias para axudar a derrubar todo tipo de barreiras (físicas,
psíquicas, raciais, culturais…) e así dignificar a vida doutras persoas e a
nosa propia. Os estereotipos de personaxes reflicten unha realidade, o
obxectivo destas historias é mudar esa realidade e tentar concienciar á
infancia na diversidade e a inclusión plena, porque todas as persoas somos
únicas e diferentes.

NON CHE TEÑO MEDO
O conflito entre o ben e o mal está sempre presente nos contos de
terror infantís e axuda a expresar as súas emocións e vencer os seus propios
medos, contribuíndo a prepararse para a vida. Contaremos historias tenras,
divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o entretemento, a
infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus soños.
CÓNTAME OUTRA VEZ
Os contos clásicos son atemporais, máxicos e estimulan a
imaxinación da infancia. Lobos, ogros, heroínas e animais con personalidade
propia son personaxes que simbolizan o positivo e o negativo e que lles axudan
a superar os seus conflitos. Contaremos para o público infantil contos de
sempre para que nenas e nenos disfruten como nunca.
Contaremos historias máxicas que nos levarán por universos soñados
e construídos á medida dunha fantasía propia da infancia. Visitaremos o mundo
irreal dos contos e achegaremos a sabedoría irónica das palabras e
argumentación absurda que fará as delicias de nenas e nenos, para dar resposta
á curiosidade propia do público infantil mediante unha marabillosa enciclopedia
inexistente.
FABULANDO
As fábulas son historias onde os protagonistas son animais e
obxectos con características humanas. Con máis de dous mil anos de antigüidade,
aínda hoxe son utilizadas para dar consellos e pautas a seguir, principalmente
á infancia. Ante o público desfilarán historias para estimular a imaxinación de
nenas e nenos, saber resolver problemas e superar dificultades.
ARTELLANDO HISTORIAS
AUDIO HISTORIAS
A retina de cada persoa garda na súa memoria as imaxes da
infancia, polo que mediante contos, curiosidades e xogos introduciremos ás
nenas e nenos no máxico mundo da arte para espertar a súa sensibilidade e
capacidade de observación. Estimularemos os diversos sentidos cunha arte á súa
medida para favorecer a creatividade e darlle oportunidade de expresar a visión
do seu mundo particular.
Inventaremos personaxes que habiten mundos imaxinarios e
ambientaremos historias que contaremos en público, como no teatro, aprendendo o
valor de escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras
de ficción, poemas… e que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos:
expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as
nosas audio historias.
SABÉNDOTE, ROSALÍA
Coa inocencia propia da infancia, unha Rosalía aínda
nena, irá debullando a súa vida entre versos, cancións e soños. Quen mellor que
Rosalía para facelo? Moito se ten escrito da nosa poeta, pero aínda non está
todo dito. É este un achegamento ao mundo infantil da Nai das nosas letras, a
Rosalía defensora da muller, da súa terra, unha Rosalía reivindicativa,
divertida…Primeira obra de teatro infantil sobre Rosalía.
ANIMALANDIA
CONTADAS NA SÚA VOZ
Nestas
historias de animais, nenas e nenos poderán descubrir a esquíos, gatos,
coellos, porcos, raposos, cans… con características moi especiais e que posúen
as mesmas calidades e defectos que teñen as persoas: inxenuas, engreídas,
amables, ariscas, medorentas, pícaras, valentes… Son animais humanizados, do
mesmo xeito que a súa contorna, as súas casas e as súas aventuras.
CONTADAS NA SÚA VOZ
Rendemos unha merecida e sentida homenaxe ás mulleres e
homes que crearon ás máis fermosas historias de todos os tempos. Repasaremos e
sacaremos á luz a súa biografía e reivindicaremos a súa obra. Serán historias
contadas, na súa voz e coa nosa palabra, dunha literatura que levan disfrutado
lectores dende hai anos, ata converterse nos clásicos de hoxe.
UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS
Os
espazos que andamos cada día agochan segredos que convén coñecer, tamén o
entorno natural está cheo de contos que iremos narrando nun percorrido cheo de
historias da historia, lendas fascinantes, curiosidades e personaxes que gardamos
na mochila para todas as nenas e nenos que se acheguen a facer este roteiro
con nós, atréveste?
Queres que che conte unha historia
extraordinaria e marabillosa? Viaxaremos a un mundo onde evocaremos ese lugar
máxico onde todo é posible. Haberá historias de aventuras, mulleres
intelixentes que vencen a brutalidade do rei, piratas, xenios, xigantes… De
Persia a Exipto, da India ao Magreb, a forza da palabra sempre pode salvarnos
das situacións máis complicadas.
A MEMORIA EN FEMININO
Estimular a memoria durante
a infancia é fundamental para o seu desenvolvemento. A través de contos,
actividades e xogos recuperaremos a memoria das mulleres, a infancia coñecerá
personaxes e pasaxes da historia feminina chea de desigualdades e inxusto
silencio. Sacaremos do esquecemento ás mulleres para que sigan vivas na nosa memoria.
ECOS DO TEMPO
Faremos unha viaxe na máquina do tempo, que nos
transportará ás distintas épocas e culturas da historia, para coñecer
personaxes fascinantes, curiosidades sorprendentes… queres saber que? como? por
que? quen? cando? atrévete a atravesar o tempo comigo e atoparás todas esas
respostas. Quen dixo que a historia non era divertida?
CONTOS MOLLADOS
Imos navegar por continentes perdidos, viaxaremos en barcos pantasma, atoparémonos con naufraxios, piratas, monstros mariños, sereas…contaremos historias das divindades mariñas e habitantes do fondo do mar. Atraca neste peirao dos contos mollados e descubrirás as marabillas que se ocultan máis aló dos límites do descoñecido.
TECENDO SOÑOS
Imos navegar por continentes perdidos, viaxaremos en barcos pantasma, atoparémonos con naufraxios, piratas, monstros mariños, sereas…contaremos historias das divindades mariñas e habitantes do fondo do mar. Atraca neste peirao dos contos mollados e descubrirás as marabillas que se ocultan máis aló dos límites do descoñecido.
TECENDO SOÑOS
Hai
libros grandes, pequenos, libros de aventuras, de viaxes, de animais… libros
que nos fan vivir situacións e momentos irrepetibles. Os libros espertan a nosa
imaxinación e fan que nos sintamos protagonistas da historia. Celebramos o Día
do Libro tecendo soños, levando ilusión ao público infantil coas máxicas
historias que se agochan nos libros. Convídote a soñalas.
FEMINISTORIAS
FEMINISTORIAS
A infancia coñecerá, dun xeito divertido e ameno,
a historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que
ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Nenas e nenos tenden a sentirse
protagonistas das historias, polo que lles achegaremos referentes moi coidados
e mediante contos, curiosidades e xogos repasaremos os logros e a evolución do
feminismo ata os nosos días. Porque o feminismo tamén pode ser divertido.
PITUSIÑA
PITUSIÑA
Pitusiña é unha nena arrichada que sinte o galego, pensa, fala e xoga en galego. "Fala ben, así non se di..." Está farta de que sempre lle digan cousas que non entende e decide facer unha viaxe no tempo pola nosa historia onde descubrirá personaxes moi interesantes que lle farán comprender moitos porqués. Unha viaxe á que vos convida, queredes acompañala? Espectáculo de monicreques e actriz.
NADAL NO MUNDO
Viaxaremos ao redor do
mundo para contar historias de diferentes países e culturas e así coñecer os
seus costumes, cancións, etc. Haberá contos divertidos, emotivos; coñeceremos curiosidades,
as orixes de moitas tradicións e das personaxes propias desta época máxica. É
tempo de ilusión, de compartir, de contos e de máscara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario